Un bo encabezamento

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Imaxi-nade por un intre a alguén que ó cabo do día recibe tantas cartas que necesita dun secretario que llas cribe. ¿A cal lle vai dar máis importancia despois de ler un feixe de remites descoñecidos?. Suponse que a quen mellor o engaiole. Igual que cando entramos nunha librería a escoller a pró-xima lectura, que se non nos convence nos primeiros parágrafos o libro fica condenado ó po do andel.

Por iso teño para min que o seguinte parágrafo ó «Querido», «amado» ou «estimado» dunha carta (ou dun e-mail) é o que realmente vai captar o interese do destinatario, sobre todo cando se trata de pedir algo; máis aínda co corpo da mesma con toda clase de xustificacións e explicacións. Ese primeiro parágrafo ha de levar certa dose de sedución para facerlle notar ó receptor o proveitoso que para el será atender o requirimento do solicitante.

Podería relacionar aquí as respostas que recibín en contestación a algunha solicitude de información, pero sobre todo podería enumerar o amplo feixe de silencios, daqueles a quen non souben engaiolar e non portaron pola miña curiosidade sobre algún tema, dando a calada por resposta. Son consciente de que algún outro silencio foi por non saber que responder, e os menos por dirixir a dúbida a unha canle equivocada. Con todo sempre lle botei a culpa, ou polo menos sempre contemplei a posibilidade de que a falta de contestación estivese motivada por non saber chamar a atención cun adecuado encabezamento. cartaPero tamén hai quen sabe recoñecer o seu descoñecemento modestamente e non por iso deixa de contestar, con humildade e solidariedade, tal como o demostra a carta que conservo de J. L. Sampedro aportándome información sobre un asunto etnográfico que el recolle nunha novela súa, e sen entrar en detalles máis ou menos científicos, si me aporta datos xeográficos e temporais de moita valía.

Sen dúbida, a arte do ben pedir está nesas primeiras liñas capaces de fascinar, animar e captar a atención lectora. E se se consegue, podemos ter por ben seguro que a carta será lida e atendida de cabo a rabo. Por desgraza, en moitos casos, preguntas fundamentais caeron en saco roto por falta de engado e sedución en parágrafo tan fundamental.

De quen se di que si soubo escribir un bo encabezamento é do matemático Robert Langlands, a quen en 1967, con 30 anos, xa lle andaba na cabeza o que co tempo sería a súa teoría das representacións que tantos galardóns lle aportou, e como naquela idade Langlands era tan só un novato profesor universitario, quixo expoñer as súas dúbidas con alguén máis douto e experimentado, como era o matemático André Weil, a quen lle escribiu o que no mundo das ciencias se considera un encabezamento de antoloxía, a pesares de que a min, despois de lelo e relelo dáme a impresión de que o estado de ánimo de Weil cando lle chegou o carteiro tivo que ter moita influencia: «Se desexa lela como unha pura especulación, sentiríame agradecido, e se non estou seguro de que terá unha papeleira ó alcance da man».

E si, Weil leu a extensa carta de dezasete folios e contestoulle. Intercambiaron opinións e Langlands, como dixen, acadou ó largo da súa vida os maiores galardóns no campo das matemáticas, desenrolando o tema alí exposto. Agora quédame unha dúbida: ¿Que pasaría se Weil tirase coa carta á papeleira?

Un comentario en “Un bo encabezamento

  1. Querido Francisco: Sinceramente creo que si André Weil hubiese tirado la carta a la papelera, el talento de Langlands no mermaría. No creo que esa teoría con la que tantos premios alcanzó, precisase de ayudas exteriores. No cabe duda que una mano en ciertos casos es necesaria pero, el que tiene facultad y potencial (en este caso con la teoría de los números) solamente necesita trabajar, el tiempo le ofrecerá lo demás. Me imagino que recibir contestación de tan afamado y experimentado matemático, para Langlands sería un orgullo como para ti lo fue haberla tenido de José Luís Sampedro, porque como bien dices, aparte de la ayuda es una muestra de solidaridad y modestia con un compañero.
    Weil y Sampedro, no hicieron como don Niceto Alcalá Zamora que llevaba un tiempo sin hablarse con un amigo y este, le escribió una carta pidiéndole que cediera un poco para volver a tener nuevamente relaciones amistosas como antes, y Alcalá Zamora le contestó: Ni cedo, ni cito, Niceto.
    Besiños palmeiráns, querido Francisco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *