O país onde ninguén morre, de Ornela Vorpsi

4171n61x2OL._SX331_BO1,204,203,200_Fidel Vidal. Son os anos setenta do século pasado onde transcorren os feitos e os soños deste libro (Ornela Vorpsi, O país onde ninguén morre, Lumen, 2006), nos tempos da brutal ditadura de Enver Hoxha, contados por unha nena duns doce anos: “A historia dun soño dunha moza albanesa que quere fuxir do pesadelo da infancia e da adolescencia: a historia do horror de vivir naquela Albania” (do Limiar de Enrique Vila-Matas). Ornela Vorpsi, nacida en Tirana en 1968, fotógrafa e pintora, exiliada e residente en París desde 1997, dedicou este libro –unha sorte de relato sociolóxico dunha comunidade marcada polo machismo e a represión- á humildade: Dedico este libro á palabra “humildade”, un vocábulo que non existe no dicionario albanés.

O abuso sexual, presente en cada esquina, fundado nunha especie de regras que nacían no pobo de forma natural, era unha constante na vida cotiá de Tirana: “Na nosa opinión, estas regras baséanse nunha única tese: unha mociña bonita é unha puta e unha mociña fea –pobriña!- non o é”. (p. 17) “Dado que me criei sen pai e polo visto era agraciada, tiven que me enfrontar ben axiña á cuestión do puterío”. (p. 20) “Eu era filla dun condenado político, así que tiña que me impregnar de educación comunista máis ca os demais porque corría certo risco, tamén por culpa da miña beleza, o que sen dúbida me conducía cara á perdición”. (p. 30) (VÉNDESE CU, PAI & FILLA)

A salvación da loucura vai chegar polo fantástico mar da lectura. “As leis do Estado prevén a confiscación dos bens materiais do preso político. Os parentes e os amigos fuxiron a toda présa. Só ficamos a miña nai e mais eu”. “Mentres tanto, eu descubrira o meu alimento: os libros”. (p.47) “Un día roubeille un libro a miña nai, un libro de amor que se chamaba O amor de Mimoza, cuxo autor, ademais, era veciño noso. O escritor chamábase Nasho Jorgaqi. No libro de Nasho contábase a historia de amor do noso adorado Ismail Kadaré”. (p. 59)

descargaO centralismo fortalécese porque toda Albania traballa para a capital, “que é o soño dos aldeáns e a súa escravitude; toda as colleitas van parar a Tirana”. (p. 61) A resignación ante o Estado que “non está tan mal, a fin de contas, se nos deixan durmir e gozar do pacífico torpor das mantas e tamén desta conversación. A noite sempre será a noite, mentres o comunismo ou o capitalismo non atopen o modo de as abolir”. (pp. 64-65)

Debido á prohibición do aborto, “recórrese a enfermeiras ou médicos que cobran caro porque se arriscan ao cárcere (…) Traballan de forma ilegal sobre o teu corpo ao vivo, e quítanche a vergonza mentres do teu corpo saen sons inhumanos que a enfermeira comenta deste xeito: -Bo, pero cando o fixeches ben que che gustou, eh?” (p. 73) E o suicidio como resultado final no caso de embarazos non desexados, como Blerta ou Dorina, esta con dezaseis anos. “Acompañada da soidade máis profunda, Blerta puxo fin aos seus días no lago de Tirana”. (p. 74)

Vixencia dos braghettone: A liberdade guiando ao pobo de Delacroix, non é o mesmo cadro segundo se vexa no orixinal, en reproducións italianas ou nas de Albania. Ornela asómbrase cando o descobre: “Pero se aquí a muller –a valente muller- ten todo o peito de fóra! No meu libro de historia non!” (p. 81) De novo a salvación polos libros. A profesora Nurija deixa caer un libro nas súas mans, “xusto nas miñas mans, a cousa máis prodixiosa que pode existir neste mundo: os cen contos dos irmáns Grimm” (p. 109)

2 comentarios en “O país onde ninguén morre, de Ornela Vorpsi

  1. El azar es caprichoso, querido Fidel. Cuán diferente es, el haber nacido en uno u otro lugar, ¿verdad? La muchacha albanesa, nació en el lugar equivocado y en un momento poco adecuado, pero este acontecimiento, ha deparado una hermosa historia para los innumerables lectores que han gozado de sus vivencias, y muchos de nosotros,del artículo que nos has proporcionado por medio de este “fantástico mar da lectura”.
    A pesar de todo, como decía Don Miguel por boca de nuestro quijotesco personaje: “No hay clavo tan fuerte que pueda detener la rueda de la fortuna”. Ojalá que cuando pinchemos con ese, u otro clavo, que los Grimm, Perrault, Andersen, Wilde, Allan Poe, y todos los buenos literatos, nos curen las heridas de esa escarpia.

    A TU PARECER ¿CRECERÁ PUTA?

    Biquiños palmeiráns, queridísimo Fidel.

    1. Canta razón tes, miña queridísima e atenta Magdalena.
      Deberíamos estar especialmente contentos ao sermos uns privilexiados de ser quen de gozar da literatura, e mesmo polo sinxelo feito de nacer nas praias da ría de Arousa. O libriño de Ornela Vorpsi é unha verdadeira testemuña dunha tráxica situación. No país, precisamente, onde, da man de Grecia, deu orixe á Traxedia.
      O AZAR TRAZAO
      Saúde e boas lecturas.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *