Contra o cura de Fruíme

11002Román Arén. Neste libro, Fernández Salgado fai unha dobre edición, paleográfica e anotada, das cincuenta décimas escritas cara a 1770 contra o máis importante escritor, con Sarmiento, do noso século XVIII, Diego Zernadas de Castro, o primeiro cura de Fruíme. Carta satírica extensa, habitual no xogo satírico entre ilustrados do 18, que se conserva nos fondos da Fundación Penzol. Décimas anónimas, pero Fernández Salgado anota a posibilidade de que o autor fose Bernardo Rivera y Collazo, ao que Zernadas satiriza aludindo á súa coxeira. As décimas atacan a teima pedichona de Zernadas para o culto da Virxe das Dores de Fruíme. Zernadas e Rivera foran amigos e ambos os dous puxeron cadanseu poema laudatorio en La barca más prodigiosade Rioboo e Seixas.

Libro erudito, moi informado, con rigor filolóxico, feito por un doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo, que xa era ben coñecido polos seus estudos e edicións de Marcial Valladares, que amplía o coñecemento de Zernadas, como xa fixeran Rivas Troitiño, Pardo de Neira e Carlos García Cortés.

Cada vez son máis os novos textos dos Séculos Escuros que van aparecendo da man de Rosario Álvarez, Mariño Paz ou Suárez Vázquez, que están cambiando a nosa percepción, mellorándoa, desa etapa.

«Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas»

Xosé A. Fernández Salgado

Laiovento (2017)

204 páxinas

2 comentarios en “Contra o cura de Fruíme

  1. Ola Román. Son Xosé A. Fernández Salgado, o autor do libro. Moitas grazas pola túa recensión. Alégrame que che gústase.

  2. Buenos días, Román: Antes de salir con mi nieta a recoger amorotes, (fresitas salvajes) quiero dejar unas líneas en respuesta a ese juego satírico que tan en boga estaba entre los ilustrados.
    El magnífico Juan Ruiz de Alarcón, era jorobado de espalda y pecho, era feo, patizambo,desdentado, pero tenía un trato exquisito, y como como poeta, genial. Mendoza le llamaba “zambo de los poetas”, Montalbán “un hombre que de un embrión, parece no haber salido”, Tirso de Molina “don cochambre de Alarcón” el malvado Quevedo, “don talegas por una y otra parte” y Góngora, “el que adelante y atrás gémina concha te viste” y Juan Fernández, que elogiaba así sus jorobas:
    Tanto de córcova atrás
    y adelante, Alarcón, tienes,
    que saber es por demás
    de donde te corco-vienes
    o adonde te corco-vas.

    A todos nos gusta resaltar un poco la apariencia, pero lo más importante es, ser buena persona. Eso está en nuestras manos, y como la inteligencia ya no depende de nosotros, por lo menos tratar de cultivar nuestro ingenio, pero nunca a cuenta de terceros.
    Besiños palmeiráns, Román, mi nieta me está reclamando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *