Camiño do Ponto Euxino

9788498388343Xerardo AgraFoxo. Mentres viaxamos cara ás augas onde estivera desterrado o poeta  Ovidio, decátome de que entre os libros que levo na mochila hai un dun escritor nado no sur deste país cando pertencía ao Imperio Otomano.  Unha literaria casualidade. Sabahattin Alí viu a luz aquí no ano 1907. Viviu unha parte da súa traumática existencia en Estambul e Konya. Estudou Maxisterio, conseguiu unha beca que o levou durante dous anos a Berlín e traballou de mestre varios anos por diferentes escolas de Anatolia. Por mor das súas ideas políticas o réxime de Mustafà Kemal Atatur detívoo varias veces. Cando o liberaron, como lle denegaron o pasaporte, intentou fuxir por unha fronteira, pero foi asasinado no ano 1948 polos Servizos da Seguridade Nacional.
O libro titúlase “Madona con abrigo de piel”, e conta a historia de Raif Efendi, cando chega a Berlín para aprender as artes do negocio familiar relacionado coa fabricación de xabóns, e comeza unha relación amorosa cunha pintora, María Puder, cun pasado tan enigmático como comprometido.
A novela, que vendeu máis dun millón de exemplares en Turquía polo seu caráter transgresor e reivindicativo, presenta a loita entre dous mundos irreconciliables no período de entreguerras. Neste país é lectura obrigada nas escolas e reivindícano como un autor seu, tal como fixeron no 2007 con motivo do seu centenario.

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Viaxes, Xerardo AgraFoxo. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>