A construción de Manuel

valle-caidos-obrerosAntón Riveiro Coello. Cando vivía en Madrid visitáronme os avós e mirei de escoller ben os lugares para llelos mostrar. O curioso é que eles xa traían cadanseu desexo e non quedou outra que atender as súas escollas. A avoa quería fotografarse con xente importante no Museo de Cera para despois presumir na aldea do ben relacionado que estaba o seu neto na capital. E, así, levou unha morea de fotos con Julio Iglesias, Lina Morgan ou o rei Juan Carlos, cos que despois construíu as súas ficcións e mesmo acadou que algún coitado llas crese. O desexo do avó era máis estraño porque, sendo home de esquerdas, emigrado á Habana durante a guerra civil, teimaba en visitar o Val dos Caídos. De primeiras coidei que era unha das súas bromas habituais. Pero falaba en serio. E velaí fomos un domingo de calor soporífera á serra madrileña para vermos esa cruz erguida sobre a dor e sufrimento de moitas persoas. Era fin de semana e o lugar estaba ateigado de nostálxicos do réxime, polo que tiven a percepción de sermos alí uns elementos estraños. presos-construido-esclava-RMHSA-CGT_EDIIMA20140421_0432_4Con todo, seguín os pasos do meu avó, que miraba todo cunha desmedida curiosidade, coma se estivese a buscar algo concreto. Ao final, sen se virar cara a min, dixo con certo desprezo que o Manuel era un esaxerado, pois aquilo non era para tanto. Cando lle preguntei por ese nome, confesou que era un amigo da aldea que estivera preso máis de dez anos e que sempre se gababa de participar na construción do monumento, esquecendo a escravitude da empresa. Hoxe lembro isto, porque exhumar os restos do ditador e limpar a simboloxía franquista pode que non converta o lugar nun memorial de paz e reconciliación, pero si axudaría a que os familiares do defunto Manuel sentisen ese espazo coma algo propio.

Esta entrada foi publicada en Antón Riveiro, Ensaio, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a A construción de Manuel

  1. Naty di:

    Era el segundo texto el que quería enviar: os ruego me disculpéis. Gracias.

  2. Naty di:

    Maravillosos abuelos!! No les contradigamos en sus gustos, aunque en ocasiones no sean los nuestros. En cualquier lugar pero, descansando cada cual donde era su deseo.e. No existe esa felicidad a la que todos aspiramos. Aprovechemos pues, la que nos brinda el día a día, y disfrutarla dentro de nuestra capacidad para lograrlo. Solo existen momentos felices, nada más. Y que debemos “aferrarnos”a ellos para disfrutarlos de la mejor manera. Desde aquí mi recuerdo cariñoso a todos esos abuelos de los que tanto hemos aprendido, y que todavía seguimos recogiendo esa “enseñanza” en los que quedan. Gracias queridos abuelos.!!, de una abuela más

    Maravillosos abuelos!!! No les contradigamos en sus gustos, aunque en ocasiones no sean como los nuestros. En cualquier lugar, pero descansando cada cual, donde era su deseo. Me refiero, desde mi punto de vista a que: “nadie molesta a nadie después de muerto”. No se puede vivir del recuerdo cuando este puede levantar ampollas. Vivamos el presente, que con él… ya tenemos bastante. No existe esa felicidad a la que todos aspiramos. Solo existen momentos felices, nada más. Aprovechemos, pues, los que nos brinda el día a día y disfrutemos de ellos dentro de nuestra capacidad para lograrlo. Desde aquí, mi recuerdo cariñoso a todos esos abuelos de los que tanto hemos aprendido, y que todavía seguimos recogiendo esa “enseñanza” en los que quedan. Gracias queridos abuelos.!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>