Fernando Salgado. Nos miles de publicacións que abordan a II Guerra Mundial, Lousame non conta cun só apuntamento a pé de páxina, e nos balances do Porto de Vilagarcía tampouco aparecen anotacións das saídas de barcos cargados de wolframio con destino a Alemaña. É lóxico. A España de Franco enarboraba unha neutralidade que non impediu ao exército de Adolf Hitler abastecerse Seguir lendo Wolframio para Hitler
Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy
Xerardo AgraFoxo. Por estas páxinas pasan Shackelton, Admusen e Nansen, os míticos viaxeiros que se atreveron a loitar contra o xeo cando os Polos eran mundos descoñecidos. Tamén pasan por estas páxinas outros aventureiros que deixaron a vida no seu intento de descubrir “mundos descoñecidos”. Pero os verdadeiros protagonistas desta abraiante historia son Salomon August Andrée, Knut Fraenkel e Nils Strindberg que no ano 1897 emprenderon unha expedición para acadar o Polo Norte nun globo aerostático. Durante tres décadas, malia a teima de Anna Charlier, a noiva de Nils, nada se soubo destes tres intrépidos noruegueses. Pero no ano 1930 de xeito milagroso atopáronse, non só os restos dos expedicionarios e o seu diario de a bordo Seguir lendo Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy
Conversas de escaparate. Unha de mortos
Fidel Vidal. -Non te fíes de ninguén, nin de min. Desconfía, en especial dos aproveitados que aparecen pola porta con cariña de santos. .
-Que me vas dicir. Onte mesmo, aos meus pés, un deses santiños cravoulle un coitelo ao malpocado que procuraba pasar a noite aquí. Xa vai polo terceiro.
-Eu só pretendo aconsellarte sobre o de liscares do escaparate, o noso cárcere dourado con vistas. Seguir lendo Conversas de escaparate. Unha de mortos
Manequín
Marina Losada Vicente. O corpo castigado no cuarto de atrás, onde a máquina Refrey e un anaco de espello do roupeiro vello. O corpo castigado a tarde enteira, sen que a nena fose culpable de algo ou de nada. O corpo castigado e a rabia, que a roía por dentro, apertada contra as paredes antigas do tempo Seguir lendo Manequín