Fidel Vidal. Abonda literatura respecto da importancia da auga como símbolo de purificación e bendición (“eu bendicirei o teu pan e a túa auga. E afastarei de ti as enfermidades”, Éxodo). Mais dise que a orixe da auga bendita vén dos tempos e da man de Xesús, xa que logo el mesmo bendiciuna e, cando foi necesario e a petición da súa nai, transformouna en viño. Non augou o viño senón que fixo viño, o mellor viño que se catou nas vodas de Caná. Nada menos que seis cubas de pedra dispostas para as purificacións. Seguir lendo Auga bendita para todos
Noite de «carta branca»
Natividad Rey. Despois da guerra viñeron tempos de arrepío. Días onde «aqueles» que tiñan «carta branca» ou, mellor dito, liberdade para fusilar a quen lle tivesen rabia, puxérona en práctica. Era noite cando a Federico, o chofer da empresa O Rosal, lle deron un último encargo: debía levar un cargamento de vítimas ata o lugar da Paradegua, esperar a que o linchamento acontecese e, logo, axudar a cargar os mortos na parte superior do vehículo para despois lanzalos ás cunetas. Era á noitiña cando Federico se dirixiu a onde o citaron. Os reclusos subiron aos tropezóns no autobús, baixo as ordes d’«aqueles», e así iniciaron a viaxe ao inferno. Seguir lendo Noite de «carta branca»
Historia dunha detective
Marina Losada Vicente. Despois de tentar recoller as impresións dixitais por todo o cuarto, a inspectora da Policía caeu na conta de que o secuestrador limpara a fondo todo canto puido ter tocado. Seguir lendo Historia dunha detective
O Don Gaiferos
Francisco Ant. Vidal Blanco. Sempre me gustou o romance daquel peregrino camiño de Compostela a quen lle fraquean as forzas, e sentíndose incapaz de avanzar pídelle ó Apóstolo o alento suficiente para chegar ó seu templo. Mal que ben acada ó seu destino, e cando se encontra fronte a Santo Patrón dálle as gracias dicindo que xa lle pode quitar a vida se así o desexa, e entón cae morto.