X. Ricardo Losada. Só levo vinte páxinas lidas e xa teño ganas de escribir este artigo. O libro titúlase Helgoland, o nome da illa do Mar do Norte onde Werner Heisenberg descubriu a idea clave que fixo posible a mecánica cuántica e todos os enormes descubrimentos que nos trouxo no século XX e que nos traerá no século XXI. O autor é un vello coñecido meu, Carlo Rovelli, un físico teórico italiano cun enorme prestixio, tanto no ámbito da ciencia como no da divulgación. Non vou facer, por suposto, unha valoración do libro, pero si quero comentar algúns aspectos que xa me fascinaron desde o principio. Seguir lendo Helgoland
Arredor da morte
Fidel Vidal. Arredor da morte ou a morte arredor? Nesta longa tempada cando alguén falece sentimos a curiosidade de saber se foi a causa da Covid. Como se as demais importaran menos ou non estivesen de actualidade. En certas ocasións Isaac Díaz Pardo dicía que lle gustaría morrer fusilado. Sen minusvalorar a efeméride patriota, pola miña banda, participando do ecoloxismo e esquecendo a San Mamés, eu anhelaba ser comesto polos leóns como os primeiros cristiáns no circo romano. Un xeito de acadar un privilexiado posto no santoral. Seguir lendo Arredor da morte
Un coitelo ameazador
Marina Losada Vicente. Camiñaba co puño pechado, da casa ao traballo, cun coitelo agarrado polo mango. O brazo pegado ao corpo, como un anexo, deixou de se abanear. A pesar da levidade do instrumento, o peso intrínseco de portar unha arma branca agravaba a idea de que o camiño era un lugar de desgrazas. Temendo que llo visen, aínda no abrente da primeira luz, deslizouno cara arriba, tapado coa manga da chaqueta. Ao tempo que o agochaba caía na conta de que era moi afiado. Seguir lendo Un coitelo ameazador
Cartuchos nun búcaro. Che Tembra
Antonio Piñeiro. Volve o noso prezado Che Tembra aos espazos públicos tras esta tempada de recollemento. Faino cunha mestura de obra recente e anterior, na sala vestíbulo do Auditorio de Rianxo, ata primeiros de abril. Entre as súas xa coñecidas escenas literarias, reivindicativas, retranqueiras, irónicas, mordaces, memorísticas e libertarias, veñen desta vez unha serie de pezas coma esta das calas nun floreiro. Daquelas xa quedara dito a súa cara achega á equipaxe cultural da Galiza e da bisbarra coa peculiar interpretación, por exemplo, de coñecidas (ou propias) viñetas, na bigornia do seu oficio; ou un compromiso social poucas veces tan explícito. Seguir lendo Cartuchos nun búcaro. Che Tembra