Cen anos de construción naval no Son

Imaxe antiga dunha embarcación construída nos estaleiros sonenses
Imaxe antiga dunha embarcación construída nos estaleiros sonenses

Manuel Mariño del Río. No século XIX construíronse moitas embarcacións tradicionais por carpinteiros de ribeira, tanto en Porto do Son como en Portosín. Daquela, a dársena sonense e a praia de Portosín fóronse enchendo de lanchas (as máis grandes volanteiras), dornas, bucetas e tamén barcos de maior porte, como galeóns e balandros. Seguir lendo Cen anos de construción naval no Son

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIX. Juan de Salinas

715X58RySRLRomán Arén. O sevillano Juan Salinas de Castro (1559-1642) non debe ser confundido co conde de Salinas, bo poeta, Diego de Silva e Mendoza (1564-1630). Juan de Salinas, que nalgunhas fontes dáse por morto en 1643, era sacerdote, viviu nun tempo en Italia e foi cóengo en Segovia, aínda que, cando herdou pouco antes de morrer, deixou o cargo e volve a Sevilla. Entre 1647 e 1650 editáronse as súas poesías, que foron reeditadas na súa cidade natal en 1869. Estudara en Salamanca, onde adquiriu o gusto pola poesía. Figura en varias escolmas, entre elas a de José Manuel Blecua (Castalia, 1984; 2017), sobre todo polos seus romances xeralmente humorísticos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIX. Juan de Salinas

Crer que se cre

arrow-4957487_960_720Ignacio Castro Rey. O contrario da vida non é a morte, senón o medo. De aí a expresión popular: “Paralizado de medo”. Se se consegue saír dese estado larvario pode ser moi triste vivir en Occidente. Fanche crer que es libre, que podes pensar e vivir como queiras. Cando te dás conta estás a ser sinalado -ou silenciado- polo simple feito de que, en cuestións que incumben á nosa coherencia tribal, atréveste a pensar de modo distinto. Seguir lendo Crer que se cre