Marina Losada Vicente. Rexentaba un pequeno obradoiro, no que facía olas de barro, que ía vender ás feiras. A proximidade a unha froitaría, na que nunca mercara nada, dáballe a Moncho confianza para ir buscar caixas. Tanto, que mesmo lles pedía que llas gardasen varios días, por non ter estorbos no seu baixo. Da mesma maneira, para non andar a tropezar con elas, en lugar de recollelas despois de usalas, tirábaas. Seguir lendo Batallando decote
O gran reinicio
Domingo Regueira. Pasaron mil anos e a parroquia das bombas aparece cuberta por un fofo manto de húmidos musgos animado por croas de canas, pitas, figueiras e loureiros. Na paisaxe, adivíñanse rueiros, corredoiras, estradas e polígonos de vivendas que emerxen polas marxes da mulida alfombra vexetal. Seguir lendo O gran reinicio
Contos e prosas breves, de Joyce
Gonzalo Trasbach. Arestora, a cento corenta anos de distancia da data do seu nacemento, podemos dicir que James Joyce é a Irlanda como Dante a Italia e William Shakespeare a Inglaterra, e como Cervantes é a España. Jim, como lle chamaba seu irmán Stanislau, adicou a súa complicada vida a inventar e a engordar un Dublín imaxinario, poboado de pontes, de rúas, de bares, de pubs, de vivos e de mortos. Pero tamén de músicos, borrachos, putas e puteiros. Mais ao mesmo tempo de xentes que se queren e se odian, que se ignoran ou que se saúdan cando se atopan en calquera sitio do espazo urbano que se estende a ambos lados do Liffey. Seguir lendo Contos e prosas breves, de Joyce
Emocionarte
X. Ricardo Losada. Normalmente escribo os meus textos sen un obxectivo definido. Pero hoxe vou facer unha excepción. Intentarei emocionarte, cunha dificultade engadida: que saibas que estou intentando emocionarte. Para iso, antes tes que prometerme que, leas o que leas, gústeche ou non o tema, chegarás ata o final e, deseguido, sen pensalo nin racionalizalo, dirás con total sinceridade se conseguín o meu obxectivo: Seguir lendo Emocionarte