Nova York en José Martí

184da6f90256a18f864d32b0d2240a5aCésar Alen. A poesía, en certo xeito, foi o acicate da revolución cubana, e doutras moitas por suposto. Que razón tiña Gabriel Celaya cando dicía que “a poesía era unha arma cargada de futuro”. Primeiro foi a súa formación intelectual, deixar atrás a simplicidade do pai, a basta conduta militar. Un mentor culto e idealista (iso é o que todos necesitariamos).  Mendive era o seu nome. Plantou unha semente, algo que parecía insignificante, pero que chegou moi lonxe, á culminación da revolución castrista.  Outro punto de inflexión foi a súa viaxe a Nova York.  Aquela mastodóntica urbe esmagouno, deixouno sen folgos, someteuno, subxugouno. Seguir lendo Nova York en José Martí →

Baleiro en azul

51019Fidel Vidal. O azul, segundo Michel Pastoureau (Breve historia das cores, 2006), é a máis “razoable” de todas as cores. Despois da mala sona na Antigüidade –en Roma, os ollos azuis delataban unha muller como de mala vida-, e mesmo esquecido, tanto que nin se consideraba cor. Para establecer un vocabulario houbo que buscalo fóra, “en palabras xermánicas (blau) e árabes (azraq)”. En castelán antigo dicíase azur, do árabe lazawárd ou lapislázuli, sinalando a cor azul do mineral. Mais como a Virxe vive no Ceo, os artistas do medievo vestirana de azul. Dese xeito, pola influencia relixiosa, o azul gañou adeptos e foise convertendo ao longo da historia nunha cor de elección, en especial en Europa, no Occidente en xeral. Seguir lendo Baleiro en azul →

O balonmán como pedagoxía progresista

39021f034037cc1a4a171199777de1daX. Ricardo Losada. (A Xesús Costa Rodil, un ano despois da súa morte). Coñecín a Xesús Costa en 1973, cando eu tiña 12 anos e el chegou como mestre ao colexio de Rianxo onde eu estudaba. Eran os estertores do franquismo e el, nun ambiente académico imbuído ata a medula de pedagoxía nacionalcatólica, foi un anticipo da democracia e unha práctica retardada das teorías do que despois souben que se chamaba Institución Libre de Ensinanza. Seguir lendo O balonmán como pedagoxía progresista →