X. Ricardo Losada. Hai moitas cousas que non son e que me gustaría ser. Por exemplo, surfista ou saxofonista. Pero tamén me gustaría ser, e do que quero falar agora, un obsesivo mitómano. Seguir lendo Nin Castelao
A relatividade do tamaño
Marina Losada Vicente. Pasou de certo, nos anos noventa, creo. Un grupo de amigas estabamos no bar Castañeiros, á resgardo dunha pantalla que emitía fútbol para os nosos homes. Non lembro en que canle “botaran” unha película erótica ás doce da noite, unha hora en que se supoñía que os matrimonios con fillos e fillas adolescentes estaríamos a durmir. A todas nos chamara a atención o pequena que tiña a “cousa” o protagonista. Seguir lendo A relatividade do tamaño
Maigret en Chile
Fidel Vidal. A novela Ninguén sabe máis que os mortos, de Ramón Díaz Eterovic (Lom, 2002), vai sobre desaparecidos e mortos durante a ditadura militar de Pinochet en Chile, e o lexítimo e humano afán dos achegados de recuperaren os restos mortais dos seus parentes e seres queridos. Nesas anda -igual que na obra de título tan significativo coma Os sete fillos de Simenon- o detective Heredia, “un detective canso, cun permanente desexo de beber unha copa e deixar que a vida pase ao seu carón sen importunar”, nunha historia que se nega a pasar folla sen antes rematar as anteriores. Xamais debemos esquecer o pasado. Sería imperdoable. “O pasado é menos duro se o esquecemos –dixen, convencido de que mentía. Seguir lendo Maigret en Chile
Campo aberto, de César Souto Vilanova
Román Arén. Tómolle un verso prestado ao noiés César Souto Vilanova (1975) de Campo aberto, e fágoo, quizais por considerar que contén unha palabra chave na obra, vento, aquilo que move as cousas dese campo aberto, que están, pero sobre as que actúa o único deus imparcial, o Tempo. César Souto é xornalista e director de longametraxes como Os días afogados, pero tamén bo poeta (Sucesos, 2004. Tambo) inda que con pouco eco crítico. É a súa unha poética realista, reflexiva, metapoética, que atende á linguaxe, pero sobre a que actúa o tempo, porque “só un dominio do vento”, ese “aire ceibo” que “percorre a tarde”, dota o eu lírico dunha embazada saudade ante “tanto oco arredor / das partillas do vento”. Seguir lendo Campo aberto, de César Souto Vilanova