Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi

122. Fco. Vighi, Nuevos versos viejos. Bibl. ASRRomán Arén. O acercamento de Valle-Inclán ás vangardas con La pipa de Kif (1919), e máis concretamente ao Ultraísmo con “Estética de la mujer de color”, provocou as ironías de Risco e outros intelectuais coetáneos. Entre estes estaba Francisco Vighi (1890-1962), enxeñeiro industrial e poeta, que ás veces asinaba “Benito Baranda”. Comezou como poeta postmodernista, pasando logo ao ultraísmo, movemento no que salientou pola calidade e humor. Fixo hai-kais e caligramas e só recolleu a súa obra en 1959, Versos viejos. Republicano, estivo uns meses no cárcere e uns anos depurado como profesor, foi moi amigo de Ortega y Gasset, Unamuno, Gómez de la Serna e Valle-Inclán e foi Eugenio Montes quen fixo a súa necrolóxica. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi →

Chalé & Casa

casa-unifamiliar-americanaMarina Losada Vicente. Canso de que o compañeiro de pupitre repetise acotío “o meu chalé”, “vou ao chalé”, “chámote desde o chalé”… aquela tarde Xurxo decidiu deixar a súa casa atrás e facer a corredoira, agora asfaltada, que levaba á vivenda de Eloi. Atopou, detrás dun muro formado por dúas filas de bloques e un metro de tea de galiñeiro, unha casa pintada de azuis e amarelo, que se parecía en todo a calquera outra casa. Seguir lendo Chalé & Casa →

Dous bidóns do lixo e un cadro na parede

img_msanoja_20170219-174207_imagenes_lv_otras_fuentes_istock-181084592-106-kQR-U42155611703Iz-992x558@LaVanguardia-WebFidel Vidal. Lacan comeza o Seminario XVI escribindo no encerado: “A esencia da teoría psicanalítica é un discurso sen palabras”. Nesa ocasión utiliza o neoloxismo  poubellication (xogo de palabras entre publication, publicación e poubelle, po, lixo, vertedoiro do lixo) e é cando, a partir diso, cita a Beckett Seguir lendo Dous bidóns do lixo e un cadro na parede →

As Ramonas, de Ana Cabaleiro

e0ca11365bfe061ea81deed3883af02bMaría Xesús Blanco. É un pracer mergullarse na lectura de As Ramonas (Editorial Galaxia, 2018). Novela galardoada hai uns meses co Premio García Barros na súa trixésima edición, é unha obra narrativa da xornalista e escritora galega Ana Cabaleiro. A autora, que tivo a súa estrea literaria co libro de relatos Sapos e sereas, artella un argumento contemporáneo nun escenario rural nas terras do Deza. A protagonista é Mona Otero, unha muller loitadora que se atopa nun momento laboral e persoal da súa vida moi complicado. Fotógrafa de profesión, que deveza por reorientar a súa carreira artística, é sancionada coa perda do carné de conducir. Deste xeito, vese abocada a depender doutras persoas para trasladarse dende a súa aldea ata os lugares onde precisa desenvolver a súa vida. Seguir lendo As Ramonas, de Ana Cabaleiro →