Fidel Vidal. Na idade do pavo todas as nenas son Ofelia (Marqués de Bradomín). A que ven -pregúntase Lacan comentando o Edipo- o personaxe de Ofelia? Ofelia é Ophalos. É o falo, exteriorizado, rexeitado polo suxeito como símbolo significante da vida. Se Edipo é o dos pés inchados, Ofelia é iso que incha. Ophelio en Homero ten o sentido de engordar, inchar. Foneticamente dáse un equivoco entre Ofelia e Phalos, Ofalos. Se Ofelia representa o falo, como se amaña Shakespeare para levar adiante esta función? Seguir lendo Ofelia de corpo presente
O evanxeo da prosperidade
Francisco Ant. Vidal Blanco. Non debería estrañarnos que na era da economía liberal e no país da mesma, a relixión se adapte ás circunstancias, asociando fe e pasta coas crenzas máis profundas da sociedade, como non debe de estrañarnos que o evanxeo proclame o desexo de que Deus quere o mellor para os seus adeptos Seguir lendo O evanxeo da prosperidade
Ovellas pitagóricas
X. Ricardo Losada. Rianxo ten moitos atractivos: museos e pazos e postas de sol e petróglifos e castelos e praias e festas e xoubas, pero creo que se lles preguntase aos rianxeiros cal é o maior, non acertarían. E con “maior” refírome ao lugar máis visitado (e con máis reincidencia) por autóctonos e turistas. Eu seino porque está ao lado do idílico banco onde leo todas as tardes no paseo marítimo. Seguir lendo Ovellas pitagóricas
Nacho C. Beiro. Tamén pintor
Eme Cartea. Se a arte actual nace nas vangardas de hai un século, certo é que se vai afianzar nas duras e tráxicas secuelas da Segunda Guerra Mundial e nese clima de frustración existencial e estupor social no que a creación artística ofrecerá unha das poucas saídas posibles a tamaña crise existencial. Seguir lendo Nacho C. Beiro. Tamén pintor