Magdalena Losada

duchaX. Ricardo Losada. Sempre me gustou esa idea (por sublime e necia ao mesmo tempo) que Borges desenvolve dunha forma insuperable no relato Pierre Menard, autor del Quijote. Se unha persoa escribe en 2017 o Quixote tal cal o escribiu Cervantes, sería un libro completamente diferente. Como hoxe teño un día transgresor e estou con ganas de experimentar, vou levar a cabo esa idea cun comentario de Magdalena a outro meu, neste mesmo café, no que me estrañaba de que Magdalena non protestase  Seguir lendo Magdalena Losada →

Asedio irmandiño

Don Pedro Álvarez de SotomayorDomingo Regueira. Unha charanga con aire marcial aparece pola Arrochela arrastrando tras de si unha nube de po que envolve dúas ringleiras de irregulares. Encabezan as mesnadas Xoán de Santiago (principal dos irmandiños), e Estevo de Xunqueiras amo de canto crece no seu feudo.  No Eitón, fronte o Castelo da Mitra compostelán, os sufridos veciños, sedentos de xustiza, braman contra os depravados ocupas. Pandeiros, bombos, aturuxos, cunchas e tintinar de ferros atronan na explanada. Foise o medo, e agora os verros, insultos e maldicións, voan coma frechas envelenadas cara aos malfeitores. Seguir lendo Asedio irmandiño →