Fidel Vidal. Unha práctica habitual dos que buscan, coa posibilidade dun engadido, dunha suma, a salvación, o acougo, tal como se fose un remedio ante a inquedanza que a presenza de tal número provoca. O que propón Mallarmé non é soamente un número (que exprese cantidade) senón o que o número significa como son, como voz, a cifra, a palabra tabú ou máxica que nos libra (aínda que na realidade non o consiga) do azar, é dicir, da desgraza, da posibilidade do infortunio (sempre ao axexo), como acontece nos obsesivos. O absurdo mundo pendente dunha absurda xogada. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (e IX)
Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VIII)

Fidel Vidal. Porque no manuscrito de Mallarmé, en cor azul está debuxado como se fose o signo infinito (∞) posto de pé, un 8, que se aparece tachado a conciencia mediante trazos de cor marrón. Reparar na reprodución facsímile (Fig.1). Un número embarrado que expresa non un signo numérico senón o número do suxeito, un significante que pon en risco ao mesmo suxeito. A cifra innominable que encerra o segredo, e que vai encriptar outros dous díxitos fundamentais: 7, 1. Casualmente, anotada cabo do díxito 8, á súa esquerda, na páxina 17 do manuscrito. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VIII)
Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VII)
Fidel Vidal. Sexa como for, poñamos que Quentin Meillasoux estea no certo, ou non, que (quizais) o número sexa o 7, o 707. Sumados 7+0+7 dá 14; 1+4 =5; 5-4-1=0. O cero inventouse na India, sifra, que significa baleira, e de aí o termo cifra. O cero (0) vén ser o significante do lugar baleiro, conxunto baleiro. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VII)
Natal
Xosé Manuel Lobato. A miña meixela esquerda contráese, reacciona con intensidade, convulsión ante o familiar, era o derradeiro. Beixo prolongado, profunda carga emotiva, a dor dun corazón desgarrado era transmitida por uns beizos temerosos, o meu corpo percibía xa relaxado, mais por un intre reacciona. Seguir lendo Natal