Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (V)

4175134-under-the-waterFidel Vidal. En Mallarmé latexa unha fascinación pola noite cósmica, pola noite estrelada, aquela que, con paixón desmesu-rada intentou pintar Van Gogh, coma Miró (tamén afeccionado aos códigos secretos) nos máxicos lenzos das Constelacións, e certa correspondencia na persecución de l’eternel azur, polo mar e o ceo, polo azul Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (V) →

Transiberiano

transiberianoXerardo AgraFoxo. Estou a ler Billete de ida e volta (2017), un libro do periodista Christian Wolmar (Londres, 1949), sobre a construción do Transiberiamo, a gran aposta dos derradeiros tsares para unir a finais do século XIX os máis de 9.000 quilómetros que separan Moscova de Vladivostok, e, sobre todo, sorprendéronme dúas cousas ben diferentes. A primeira, é a análise que o autor desta reportaxe de investigación realiza sobre as causas que motivaron aquel xigantesco proxecto da enxeñería daquel tempo. Entre outras, sinala o desexo de rusificar un vasto territorio ateigado de riquezas, unha colonización que debía facerse seguindo o modelo que empregaran os norteamericanos para ocupar o leste do seu territorio; o intento de controlar o perigo amarelo; Seguir lendo Transiberiano →

Memoria sempre

descargaXosé Manuel Lobato. Acaso, cando non queremos asumir responsabilidades, non é bo ter unha casa en estado ruinoso para culpabilizala de todo aquilo que fixemos. Acaso, non desacouga e doe o feito de esquecer ou mesmo ignorar aquilo de onde vimos. O noso pasado debe de estar e coñecerse no presente para visualizar un futuro sen nubeiros sobre terra queimada. Aí atrás comezou na vila de Rianxo, un Ciclo sobre a memoria histórica, dende novembro e ata maio: diversas actividades e conferencias forman parte deste evento tan necesario. Os actos están organizados pola UNED sénior, aula de Rianxo, coa colaboración do concello rianxeiro. Seguir lendo Memoria sempre →