Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (III)

mi_beatriz_will_steacy_0Fidel Vidal. Que un golpe de dados xamais anule a continxencia do ser e que, con todo, se deba intentalo, é simplemente a proba dunha crenza vivida, do triunfo dun absoluto paradoxal: a fatalidade é un xogo supremo. En cada home, dixo Mallarmé, hai un segredo que moitos morren sen coñecer. “El coñeceu o seu: unha Vocación, e identificouno coa expresión dos matices e do preciso que parece escuro: a poesía, única fonte”. (F. Gorbea, Limiar, Stéphane Mallarmé, Poesía, 1982). Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (III) →

Cándidos

vixiaX. Ricardo Losada. Leo unha entrevista con Nacho Vegas, cantautor asturiano de 43 anos, e detecto o que a min me parece un erro de perspectiva moi habitual. Tras preguntarlle o periodista por unha experiencia cultural que cambiase a súa vida, responde: “Como a tanta xente, ler O gardián entre o centeo. Fíxeno aos 14, 15, 16 e 17 anos, e un amigo e eu falabamos como Holden Cauldfield. Que bobos éramos. Pero foi bonito”. Paréceme falso e perigoso dicir que aqueles dous adolescentes fosen bobos por identificárense ata ese punto con Holden Cauldfield. Falso, porque se unha persoa de 15 anos se comporta como unha de corenta, máis que un adolescente, é un vello prematuro. Seguir lendo Cándidos →

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIV. Ángel Augier

col_augier9Román Arén. Se en 1885, por mor da morte de Rosalía o poeta cubano Rafael María Mendive dedicaba unha elexía á poeta, en 1985 outro importante poeta cubano celebraba cun soneto o centenario rosaliano. O poeta é Ángel I. Augier, nacido en 1910 en Gibaro, ensaísta e xornalista de prestixio, membro do Partido Comunista de Cuba, mais tamén importante poeta en obras como Uno (1932), Canciones para tu historia (1941), Breve antología (1963), Isla en el tacto (1965). Biógrafo e estudoso de Nicolás Guillén, interesouse tamén por Juana Borrero, José M.ª de Heredia e Darío Cuba y Rubén Darío (1968). Entre os estudosos da obra de Augier destacan Salvador Bueno, Chacón y Calvo, Juan Marinello e Cintio Vitier. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIV. Ángel Augier →