María Xesús Blanco. A luz solar mingua día a día e pronto sentiremos o cambio de hora como a confirmación de que o inverno está máis cerca. Mais vivimos un tempo estraño. Hai uns días tocoume viaxar durante horas cando o termómetro do automóbil non baixaba dos trinta grados. E hei de admitir que agradecín a compaña da radio –pois conducir resúltame cada vez máis tedioso– e tamén o axeitado funcionamento do aire acondicionado. Seguir lendo Competencia lingüística
Enerxía devastadora
Francisco Ant. Vidal Blanco. Despois da que nos está caendo co efecto inverna-doiro e con tanta guerra e desastre inespe-rado que son a causa de catorce millóns de desprazamentos ó ano por mor de secas, fames e andazos, non sei que gusto lle encontran algúns a converterse en émulos de Xoán o Evanxelista, Nostradamus Seguir lendo Enerxía devastadora
Todos somos pirómanos?
Xulio Guitiérrez. Hai vinte anos que veño explicando as diferenzas entre causas, cir-cunstancias e formas de ignición dos incendios forestais. Ante a confusión conceptual creada por algúns opinadores, cuñados e tutólogos, vaia unha vez máis. Seguir lendo Todos somos pirómanos?
Letras de morte e liberdade
Xerardo AgraFoxo. Este interesante e comprome-tido libro, publicado pola Comisión para a Recupe-ración da Memoria Histórica do Barbanza, comeza cunhas palabras do profesor Xesús Alonso Montero, unhas PALABRAS INTRODUTORIAS onde se explica a natureza da obra: ”Dous republicanos de Ribeira escriben ós seus seres queridos cando sospeitan ou xa teñen a certeza de estaren condenados á morte: José Sieira González e José Lijó Louro, fusilados en Boisaca (Santiago) o 29 de xaneiro de 1939”. Baixo o título DEZ DÍAS DE XULLO EN RIBEIRA, coñecemos os integrantes do Comité de Defensa da República en Ribeira, que serían fusilados uns meses despois. Seguir lendo Letras de morte e liberdade