O cárcere da natureza

por-que-en-la-carcel-deberian-poner-documentales-de-naturaleza_ampliacionX. Ricardo Losada. Está de moda Walt Whitman, e paréceme ben pois hai unha parte da súa forma de enfrontarse ao mundo que me gusta moito, e que está moi ben exemplificada nunha anécdota. Thoreau, un amigo, visítao no cárcere, e pregúntalle como é posible que un home coma el estea alí. Whitman respóndelle: “Como é posible que un home coma ti estea fóra?” Seguir lendo O cárcere da natureza →

Sobre a prohibición do incesto

incesto2Fidel Vidal. Dada a súa universalidade, a lei exclusivamente humana da prohibición do incesto, ten que ver coa natureza, e de valor semellante, segundo Lévi-Strauss (Tristes trópicos), “coa bioloxía, ou coa psicoloxía, ou con ambas as dúas; pero non é menos certo que, como regra, constitúe un fenómeno social e que provén do universo das regras, é dicir, da cultura, e en consecuencia atinxe á socio-loxía, onde o obxecto é o estudo da cultura”. Mais a lei pódese infrinxir dunha forma consciente e intencionada e mesmo, inconscientemente, durante o soño ao permitir a súa realización como expresión onírica dun desexo reprimido Seguir lendo Sobre a prohibición do incesto →

Gonzalo Hermo, unha poética anovadora

O Escritor. Celebración_Gonzalo_HermoPastor Rodríguez. Nacido en Rianxo en 1987, licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola universidade de Santiago de Compostela, en 2011 publicou Crac, que amosaba unha poética anovadora e comprometida e que gañara o Premio Xuventude Crea, da Xunta de Galicia. En 2014 aparece o seu segundo volume poético, Celebración, co que gañou o Premio da Crítica e o Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández. Neste 2017 aparece a tradución do seu segundo volume na editorial madrileña La Bella Varsovia, da man da ourensá Miriam Reyes. Membro fundador da editorial Chan de Pólvora, Lázaro Louzao trasladou a súa poesía ao formato audiovisual. Seguir lendo Gonzalo Hermo, unha poética anovadora →

A cesárea dunha nova humanidade? (IV)

2Ignacio Castro Rey. O colmo dos parado-xos é sospeitar que, baixo esta adulación constante desta sociedade cara á xuventude, agóchase un novo tipo da maltrato masivo. O dos mimos, por exemplo? É posible que os xoves xamais teñan sido máis escravos. Ninguén os deixa en paz. Nunca estiveron máis presionados, máis vixiados, interferidos e invadidos. A sobreprotección e as mil facili-dades que se lles serven acotío, aparente-mente gratis, é un regalo envelenado para desarmalos e convertelos en dóciles camarei-ros do “todo a 100” que vén, ese xigantesco lowcost que os converterá en baratos empre-gados riseiros. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (IV) →