Gonzalo Trasbach. Tirando do limo do recordo, ese fío que aínda me mantén vivo logo de tantas travesías, evoco o 1977, un ano moi importante na miña vida. Xa dixen nunha ocasión, que foi cando o Ulysses entrou na miña casa. Naquel tempo, se non me trabuco, bateu na miña xanela a Chuvia oblicua de Fernando Pessoa. Pero tamén atopei unha divertida vía de escape no cinema coa chegada das novas películas de ciencia ficción: La guerra de las Galaxias (George Lucas) e Encuentros en la tercera fase (Steven Spielberg). Seguir lendo Talking Heads no meu corazón
Mafalda durmida
X. Ricardo Losada. Cando en clase de filosofía falamos do sentido da vida, sempre lles pido aos alumnos que fagan unha reflexión persoal sobre que senten cada mañá cando soa o espertador. A maioría coincide en consideralo un dos peores momentos do día. Entón pregúntolles se non é un pouco triste que prefiramos durmir a vivir. Non podería interpretarse como un síntoma de que a nosa vida non merece a pena ser vivida? Seguir lendo Mafalda durmida
Santo Ernesto, o Che
- Imaxe: Matalobos
Francisco Ant. Vidal Blanco. Á santidade pódese chegar por dous camiños: o da gratificación por facer algo rendible para a Igrexa (santa Ilduara construíu conventos e pariu a san Rosendo) ou por devoción popular (Xoana de Arco incluso foi queimada polos inquisidores antes de ser recoñecida santa). Seguir lendo Santo Ernesto, o Che
Colonia, de Florian Gallenberger
Inés Otero. O argumento desta película, baseada en feitos reais sucedidos no Cono Sur americano, é o seguinte: unha parella alemá, a azafata de voo Lena (Emma Watson) e o artista Daniel (Daniel Brühl), vense encerellados no golpe de Estado de Chile no ano 1973 contra Salvador Allende. Cando el é secuestrado pola policía secreta de Pinochet, ela, logo dunhas pescudas iniciais, seguirá as súas pegadas ata un afastado lugar do sur do país coñecido como Colonia Dignidade. Un centro que semella unha misión de caridade, pero que agocha un campo de internamento apoiado polos servizos secretos alemáns, dirixido por un nazi, Paul Schäfer (Michael Nyqvist). Seguir lendo Colonia, de Florian Gallenberger
