A estación das mulleres, de Leena Yadav

parched-568174837-largeXerardo AgraFoxo. A historia desta fermosa película está ambientada nunha aldea da India máis rural, onde catro mulleres novas loitan contra as tradicións que rexen no estado de Gujarat. Ranai, que quedou viúva con 16 anos, intenta casar o seu fillo segundo as convencións do lugar. A súa mellor amiga, Lajjo, vive na amargura porque non consegue darlle un fillo ao seu home, un brután que non deixa de mallar nela. Bijli, unha bailarina e prostituta, sofre as consecuencias dunha vida sen sentido, onde a súa beleza e carácter lle provocan problemas.  A cuarta muller desta historia é Janakhi, a nora de Ranai, que casou forzada con 15 anos e non consegue esquecer o seu mozo. Seguir lendo A estación das mulleres, de Leena Yadav →

Repetidos

15040076395684Antón Riveiro Coello. Resolveuse o da rapaza que levaba cinco anos na procura doutra que era cravada a ela e aparecía fotografada na festa da Tomatina de Buñols. Se reparamos ben na imaxe de cadansúa rapaza, a semellanza é indubidable. O asunto erguera interese porque se adobiou coa posibilidade de que unha delas perten-cese a ese número indeterminado de bebés roubados, o que podería implicar que fosen xemelgas. Seguir lendo Repetidos →

A dama e a formiga

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. A cousa foi que unha formiga que andaría pensan-do nas súas cousas e non sabía onde se metía, invadiu o apousento legal da Dama de Elxe e fixo saltar todas as alarmas. E todo porque a un inglés que andaba de visita polo Museo Nacional de Arqueolo-xía lle deu por poñer unhas gafas para ver de cerca, co fin de apreciar algún deses detalles que só lle interesan ós curiosos Seguir lendo A dama e a formiga →

Galicia e os galegos na poesía castelá LXVII. Pedro Antonio de Alarcón

Pedro_Antonio_de_AlarcónRomán Arén.  Na miña adolescencia lera dous libros de Alarcón, El niño de la Bola (que é de 1878) e El sombrero de tres picos (1874), a orixe do ballet de Falla. Están narrados con graza e tensión narrativa, pero o autor foi famoso, ademais, por El escándalo (1875), El capitán Veneno (1881), El final de Norma (1855), La pródiga (1882), é dicir, como narrador, pero foi tamén poeta, autor de libros de viaxes como La Alpujarra (1874), Viajes por España (1883), De Madrid a Nápoles… (1861) e polo Diario de un testigo de la guerra de África (1859). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXVII. Pedro Antonio de Alarcón →