Xerardo AgraFoxo. Esta magnífica novela esta baseada nun feito real: a viaxe que en 1957 realizou Verna B. Carleton (1914-1967), unha estadounidense de nai inglesa e pai de ascendencia xermana, e a súa mellor amiga, a fotógrafa alemá Gisele Freund que fuxira do seu país cando os nazis chegaron ao poder no ano 1933. A narración comeza durante un cruceiro polo Caribe: Eric Devon, a súa muller, Nora, e unha periodista norteamericana, deciden viaxar ao Berlín que está a se recuperar dos desastres producidos pola Segunda Guerra Mundial. E todo comeza porque Eric, un home psiquicamente inestable, confesa algo que leva oculto no profundo da súa memoria: vive en Londres como un cidadán inglés, pero en realidade é un xudeu alemán que sufriu o nazismo. Seguir lendo Regreso a Berlín, de Verna B. Carleton
Obsesión pola carne: os aparecidos
Fidel Vidal. Por que esa obsesión dos crentes en descarnar o espírito? Quérennos pór unha especie de condón moral para impedir a “contaminación” humana, sen pensar que, polo mesmo, impiden tamén a divina, a experiencia divina –excelsa- do amor humano. A palabra carne en español e galego, úsase para referírmonos tanto á animal como á humana e, neste caso, sen esquecer a outra carne: a da lascivia. Os franceses din chair cando se refiren á carne humana e viande no caso da carne animal, da comestible. Seguir lendo Obsesión pola carne: os aparecidos
Sedentarios

Francisco Ant. Vidal Blanco. Iso de que coa chegada do verán se enchen os parques, as rúas e as praias de deportistas, non o teño moi claro, porque, ó menos no parque ó que vou, só vexo catro matados correndo e a inmensa maioría dos alí presentes sentados ou tombados no céspede, a ser posible onde haxa unha sombra. Seguir lendo Sedentarios
Indiferentes
Antón Riveiro Coello. Estes días, co peito encollido, vin a crueza dun vídeo que rexistra en China o dobre atropelo dunha muller que remata morrendo porque ninguén a socorre. A violencia das imaxes é extrema. E a frialdade deses transeúntes que pasan ao carón da vítima, ignorándoa, ergueu en min unha furiosa indignación e, ao mesmo tempo, unha dúbida. Que fariamos nós se vivísemos nesa sociedade asiática? Ignacio Echeverría, o heroe do monopatín, con certeza axudaría a muller e evitaría o segundo atropelo que lle apañou a vida. E nós, seriamos quen de o facer? Non é unha pregunta doada de contestar. Eu mesmo, lémbrome de neno, camiñando cuns cromos na man, cando, de súpeto, un home se debruza no chan e provoca a alarma da muller que vai con el. Seguir lendo Indiferentes