Carlos e o teatro

confesionAntón Riveiro Coello. Sempre coidei que a ollada de escritor de Carlos Casares e esa ironía, mesmo ese escepticismo cheo de retranca, tiña a súa fonte na liña paterna. Cando Carlos explicaba a súa paixón pola narrativa, usaba o exemplo dos avós de Lamas. E malia que a avoa Francisca era un ser fantástico, que puña creto nas pantasmas e mesmo se citaba polas tardes cun seu irmán morto para falaren baixo unha cerdeira, Carlos decantábase polo avó Seguir lendo Carlos e o teatro →

Sexo inexacto

gotas1X. Ricardo Losada. Non sei cantos anos tiña pero recordo perfectamente cando me explicaron por primeira vez a propiedade conmutativa. Dá o mesmo resultado sumar 3 e 2 que sumar 2 e 3. Pareceume algo marabilloso e aínda hoxe gardo unha reminiscencia daquel encantamento. Cando vexo a matrícula dun coche que me recorda esa propiedade, 3223, 5665, por exemplo, penso que me vai pasar algo bo. Seguir lendo Sexo inexacto →

A cor do diñeiro

diñeiro negroFrancisco Ant. Vidal Blanco. Pregun-teille ó director do banco dos meus aforros que é o diñeiro negro, e en vez de contestarme preguntoume canto necesitaba branquear. E esa pregunta, que debería ofenderme, fíxome anchear o peito, porque como todos sabedes ter diñeiro negro é un luxo reservado á flor e nata da sociedade, algo negado a quen non é máis ca un simple obreiro que nunca ten nada que corrixir no borrador da declaración de renda. Seguir lendo A cor do diñeiro →