Queremos tanto a Carlos

CarlosAntón Riveiro Coello. Si, a frase de Cortázar ben podería valer para Casares, mais desta volta é para outro homónimo del, tamén escritor, que vén de nos deixar na Pobra do Caramiñal á mesma idade do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Con Carlos Mosteiro volvemos morrer todos un pouco, porque se nos vai non só un autor cunha obra interesante no eido da literatura Seguir lendo Queremos tanto a Carlos →

1917

pondalMiguel Mariño. Ano duro para a literatura galega o de 1917, no que desaparece a derradeira gran figura do Rexurdimento, Eduardo Pondal, o autor de Queixumes dos pinos (1886), que deixaba sen editar Os Eoas, o poema épico que Galicia non editaría ata moitos anos despois. Un poeta no que confluían as raíces prerrománticas do “falso” Ossian, os inicios románticos, o coidado da forma propia do Parnasianismo e moitos riscos simbolistas, para configurar unha voz personalísima, complexa e visionaria. Este ano do centenario da súa morte é unha grande ocasión para volver sobre un dos nosos grandes clásicos. O xornal <La Voz de Galicia> puxo á venda, por un prezo simbólico, a edición facsímile de Queixumes dos pinos, o <Boletín> último da RAG contén varios traballos interesantes sobre Pondal e ata a ONCE lle dedicou o cupón do 9 de marzo. Seguir lendo 1917 →

Do alborexar atemporal

pico1Xosé Manuel Lobato. 6 horas 22 minutos 37 segundos… Superado o solsticio de verán e a acostumada preguiza, como cada amencer do 24 de xuño, seguindo a tradición dos meus antepasados procuro ansioso o cumio do Pico Sacro. Máxima excitación agardando ese intre, breve máis intenso, único sen par, só para soñar e gozar do solnolento bailar. Seguir lendo Do alborexar atemporal →

Noite escura de amor

juan1Fidel Vidal. As augas e a noite son os símbolos centrais na obra de san Juan de la  Cruz: ambos son paralelos ou constitúen –no dicir de J.A. Valente-, en rigor, un só símbolo. A noite xera a alba e as augas a transparencia: son a experiencia do fondo, “da inmersión abisal, que é a xestación dun novo nacemento”. Sendo neno frei Juan cae nunha lagoa e é salvado por “unha señora moi fermosa” que lle pedía a man alongándolle a súa, e el non lla quería dar “por non a lixar”. Seguir lendo Noite escura de amor →