Masaan, de Neeraj Ghayan

masaanXerardo AgraFoxo. Esta película é una produción franco-india que desenvolve un drama onde se mesturan dúas historias cruzadas e ambientadas nas marxes do río Ganges e na cidade sagrada de Benarés, onde as restricións impostas pola tradición hinduístas son tan fortes que condicionan o comportamento das novas xeracións. Deepak, un estudante que reside nun arrabalde marxinal, vive un drama de consecuencias insospeitadas cando namora dunha rapaza dunha caste superior. E Devi, unha universitaria filla dun humilde vendedor nas beiras do río sagrado, sofre a perda do seu amante, acosado por uns policías intransixentes. Seguir lendo Masaan, de Neeraj Ghayan →

Occidente

telexornalX. Ricardo Losada. Teño un amigo que leva anos propoñéndose deixar de ver o telexornal sen éxito. Aínda que podería quedar como un tipo sensible dicindo que non aguanta tantas atrocidades e inxustizas, o que de verdade o irrita, segundo el mesmo recoñece, é comprobar que non lle afectan máis alá dunha empatía fugaz ou dun remorso retórico. Calquera pequeno contratempo caseiro (o teclado do ordenador quedou sen pila, por exemplo) irrítao máis que as imaxes da guerra en Siria ou dos terremotos en Italia. E, por moito que lle digan, non cre ser unha excepción. Se nos afectasen todos os males do mundo como nos afectan os das persoas máis próximas, dime, estariamos todo o día chorando e, nin como individuos nin como especie, sobreviviriamos.   Seguir lendo Occidente →

A ponte sobre o Drina, (Ivo Andric, gran rinoceronte)

A ponte sobre o Drina (4)Agustín Agra. Esta tarde, folleando na busca dalgunha novidade apetitosa no catálogo de Rinoceronte, decateime de que a maior parte dos títulos da editora de Cangas xa foran albo das miñas lecturas. Malia ser certo que un par deles –contados–, alén da súa calidade, non foron coincidentes cos meus gustos literarios, sei que podo encetar a cegas calquera nova entrega coa confianza de que hei gozar coa súa lectura. Mais se algún de entre todos eles deixou pegada en min –aínda hogano soño, pesadelo redundante, coas vívidas imaxes dun dos seus capítulos descarnados– ese foi A ponte sobre o Drina. Seguir lendo A ponte sobre o Drina, (Ivo Andric, gran rinoceronte) →