Ulysses chamoume polo nome (II)

tusquestGonzalo Trasbach. Viñeron despois feitos que te levaron ao servizo militar (por mar). Logo de 16 meses de desterro na provincia de Cádiz, regresaches á casa dos teus pais. A mil quilómetros de distancia e durante ese longo tempo o teu “suposto” marxismo conxelouse. Mudar de vida era o plan cando arribaches a Compostela. Pouco tempo despois, volviches fixarte no libro de James Joyce. Baixo o recordo daquel vello amigo, mercaches a túa primeira edición, a de José María Valverde (Barcelona. Lumen, 1976), e comezaches a ler lentamente aquel misterioso libro, que, cando o culminaches, escribiches nun pequeno caderno: <Paréceme moi bo, pero complicado>. Gustábache o que entendiches, e os parágrafos que non comprendiches resultáronche fascinantes. Seguir lendo Ulysses chamoume polo nome (II) →

Ulysses chamoume polo nome (I)

zurichGonzalo Trasbach. Lembremos que, con motivo da Iª Guerra Mundial, James Joyce abandonou Trieste e refuxiouse en Zurich, a onde xa chegara por vez primeira na compaña de Nora, os dous aínda mozos e cheos de enerxías e ilusións, cando saíran de Irlanda pouco despois do 16 de xuño do 1904. Á cidade suíza retornou por última vez fuxindo da Francia ocupada polos nazis. Mais nesta ocasión aterrou roto e enfermo, envellecido prematuramente, ao escenario onde antano tiña despregado a súa portentosa potencia creativa. Alí foi finalmente soterrado un frío 15 de xaneiro de 1941 no camposanto de Fluten. Seguir lendo Ulysses chamoume polo nome (I) →

Galicia e os galegos na poesía castelá LXI. Antonio Cruz

portada_hay_luz_jpgRomán Arén. Antonio Cruz Romero é de Almería e un dos poetas polos que me teño interesado entre os que naceron na década de 1970 (é de 1978). Narrador e ensaísta, teño agora nas mans a súa “plaquette” Hay una luz remota (2015), que se subtitula “Poemas en torno a J. A. Valente”, dedicada, pois, ao pai da poesía dos silencios, ourensán que tamén publicou fermosos versos en galego, as Cántigas do alén. Son once os poemas deste opúsculo de Antonio Cruz, dos que o propio autor afirma que que é sobre Valente “sobre el que gira cada palabra y cada verso de esta plaquette”. Bo coñecedor da poesía neerlandesa, antologou a obra dos poetas Hugo Claus e J. J. Slauerhoff. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXI. Antonio Cruz →

Cántico espiritual: o obxecto do desexo

canticoFidel Vidal. Se o Cantar dos Cantares –di J. L. Aranguren- é un poema sobrecargado de sensualidade, o Cántico é profundamente erótico. Nel o “argumento”, a “acción”, consiste na “consumación da unión amorosa enteiramente narrada”. Para Francisco Rico o Cántico significa a mellor síntese da doutrina mística que segue o itinerario cara á unión (amorosa e mística) desde os seus comezos (Subida-Noche) até o seu final (Llama), onde a amada (alma) atopa ao amado (Deus) nun marco natural e apracible.

Mi Amado, las montañas,/ los valles solitarios nemorosos,/ las ínsulas extrañas,/ los ríos sonoros,/ el silbo de los aires amorosos. Seguir lendo Cántico espiritual: o obxecto do desexo →