Escándalo

carteles-carnaval-coruna-2017-2_gAntón Riveiro Coello. O escándalo vai barato para a xente que se leva mal coa ironía e a diversión. Vendo a polémica do cartel de entroido que obriga o concelleiro de Culturas da Coruña a declarar diante dun xulgado, non deixo de cavilar en cantos en Xinzo estarían presos por ofender toda clase de sentimentos, non só relixiosos, por mor dunha festa que existe precisamente para iso, para ser irreverente. A denuncia da Asociación de Viúvas de Lugo é tan ridícula que non tería maior importancia se o xulgado de Instrución nº 3 da Coruña non abrise as pescudas, ameazando así un ben tan prezado como a liberdade de expresión. Seguir lendo Escándalo →

Camuflaxe, de Lupe Gómez

camuflaxeFidel Vidal. Se hai unha palabra para definir a Lupe Gómez é a de escritora. Porque Lupe escribe cartas, postais, detrás das fotos, en follas de almanaque, de cadernos, en papeis de bares, tarxetas de museos, en mensaxes de móbil. E mesmo unha novela ou unha entrevista, unha obra de teatro e, sobre todo, poemas. A súa voz resoa libre como unha fervenza rompedora: O atraso económico de Galicia / era unha forma de vangarda artística. Desde Pornografía até esta súa derradeira publicación, Camuflaxe (Chan da pólvora, Santiago de Compostela, 2017), xamais deixou de escribir. Seguir lendo Camuflaxe, de Lupe Gómez →

A función da lectura

lectura1Francisco Ant. Vidal Blanco. Saín un pouco triste do club de lectura ó que pertenzo, porque a análise literaria estendeuse máis aló dos recursos e técnicas narrativas para abrazar a mensaxe social. A tristeza non o foi por descontento, senón pola incomodidade que nos provocou un dos asistentes despois de que nos fixera ver que aquela lectura ambientada na Segunda Guerra mundial estaba falándonos do presente e retratando o noso desleixo. Seguir lendo A función da lectura →

Libro das abandonadas (II), de X.L. Franco Grande

Foto: La Voz de Galicia

X. Ricardo Losada. Como as mulleres da terceira parte do libro, Marylin foi, sobre todo (que outra cousa podía ser co que levamos dito), unha amante apaixonada e abandonada, tal e como o foron Gaspara Stampa e a monxa portuguesa Mariana Alcoforado. É aquí onde Franco Grande homenaxea, como el mesmo di no limiar, “a todas as abandonadas que neste país, infelizmente, houbo e hai”. Seguir lendo Libro das abandonadas (II), de X.L. Franco Grande →