X. Ricardo Losada. É significativo que no limiar do Libro das abandonadas o académico X.L. Franco Grande diga: “Péchase o libro con tres inscricións para seren gravadas nas campas de Gaspara Stampa, Mariana Alcoforado e -por que non?- de Marilyn Monroe…”. Ese por que non? marca a valentía e a honradez intelectual coa que Franco Grande sempre aborda as súas composicións poéticas, máis alá de modas e prexuízos. Seguir lendo Libro das abandonadas (I), de X.L. Franco Grande
Steiner, no limiar dos 88 anos (IV)
Gonzalo Trasbach. Balizada a súa infancia polos discursos radiofónicos de Hitler, admite no limiar dos seus días que a súa traxectoria estivo excesivamente poboada de hoteis. Pero di que garda moi gratos recordos de tres, en cuxas terrazas ou en cuxos balcóns quedou petrificado, pois alzábanse directamente sobre tres magníficos ríos: O Rin ao seu paso por Basilea, a cidade de Erasmo e Nietzsche. De noite, cando o alento do caudal se acerca e se afasta, as súas luces deslízanse xunto aos balcóns do Trois Rois. Ao longo do seu percorrido dende o seu nacemento até o estuario de Róterdam, o Rin foi testemuña de cerimonias e odios, de acontecementos musicais e literarios e da contaminación da historia europea. Por aquí aínda navegan algunhas barcazas. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (IV)
Steiner, no limiar dos 88 anos (III)
Gonzalo Trasbach. Fronte á fiestra: unha paisaxe primaveral. Mais a túa cabeza garda unha escena invernal. A neve caía e amontoábase no medio dunha bruma branca. A estrada rural desvanecíase na néboa. De súpeto, a tormenta amainou e o coche, que conducía Zara con George ao lado, entrou nun espazo aberto, luminoso e frío. Estaban nun cornecho do Franco Condado. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (III)
Steiner, no limiar dos 88 anos (II)
Gonzalo Trasbach. A obra de Steiner é excepcional e histórica. Isto é así porque expón as primeiras cuestións esenciais sobre a orixe e evolución, técnica e espiritual, das culturas occidentais: dende a Xénese até a encrucillada dos nosos días, no limiar dunha nova civilización ou da constitución dunha nova humanidade. De feito, estima que os cambios que modificaron os conceptos da comunicación, da información, do coñecemento, da xeración de sentidos e formas, son probablemente os maiores e os de consecuencias máis fondas, dende que o “home sapiens” elaborou a linguaxe. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (II)