Steiner, no limiar dos 88 anos (I)

steiner2Gonzalo Trasbach. O vindeiro 23 de abril George Steiner chegará á moi venerable idade de 88 anos. Seus pais partiran de Viena, a antisemita capital austríaca e berce do nazismo, en 1924 para instalarse en París, onde el naceu en 1929 e de onde, pouco tempo despois, fuxiu toda a familia cara a Nova York antes de que o exército do Terceiro Reich invadira Francia coma un coitelo quente corta a manteiga. O seu pai, que ocupaba un importante posto no Banco Central de Austria, con inexorábel clarividencia presentiu a grande catástrofe: baixo o cegador liberalismo da cultura vienesa cheirou o odio doutrinal e sistemático que bulía contra os xudeus. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (I) →

Do inefable e do indicible

monxe1Fidel Vidal. Enric Laurent advirte que na obra de Freud non se atopa unha referencia clara nin especial sobre a mística. O único comentario de Freud data do ano 1905, na famosa conversa con Jung, ante as dúbidas que atrancaban a este sobre as teorías da libido: o feito de que, ante o illamento dos monxes no seu retiro na práctica eremítica, estes suxeitos liberados do mundo, non terían ningún desexo. Seguir lendo Do inefable e do indicible →

Galicia e os galegos na poesía castelá LVII. Federico García Lorca

lorcaRomán Arén. Federico García Lorca non é, para os galegos, un poeta castelán importante, é tamén un poeta de noso polos Seis poemas galegos (1935), ou, cando menos, quixo selo, por riba de se foi ou non “axudado” no seu galego por outras mans. E a aventura dos poemas galegos de Lorca dá para unha novela histórica chea de personaxes nosos: Serafín Ferro, Eduardo Blanco Amor, Ernesto Guerra da Cal, Carlos Martínez-Barbeito, Bal e Gay, Fole… Unha novela á que podería pór as mans Luis Rei Núñez ou Manuel Rivas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LVII. Federico García Lorca →

O bar dos ricos

barFrancisco Ant. Vidal Blanco. Nunha aldea do concello de Leiro, hai un bar ó que alguén lle chamou o bar dos ricos, porque alí todos beben e só paga un. Non sei se non o dirían por sorna. O lugar non é máis ca unha taberna de chan térreo, con dous bocois por mesas e unha barra da altura do peito dun home, libre de billas e ameada de vasos, cuncas, xerras e botellas, detrás da que un señor de gardapó azul Seguir lendo O bar dos ricos →