Xerardo AgraFoxo. Despois da curiosa Pálida luz nos outeiros (Premio Winifred Holtby), a excelente Os restos do días (Premio Booker) e a inquietante Nunca me abandones (Premio Casino de Santiago), Kazuo Ishiguro, nado en Nagasaki no ano 1954, pero veciño de Londres dende 1960, publica esta obra que non garda pouca relación coas anteriores, aínda que conserva a mesma calidade literaria que atesoura este escritor, traducido a corenta idiomas e un dos referentes, xunto con McEwan, Amis, Swift, Barnes ou Waters, da mellor narrativa británica dos últimos anos. Seguir lendo O xigante soterrado, de Kazuo Ishiguro
O punto G do paraugas
X. Ricardo Losada. Unha das miñas experiencias máis gratas é abrir un paraugas de apertura automática. Comenteillo a un amigo psiquiatra e díxome que proxectaba nese paraugas o desexo de abrirme con máis rapidez aos demais. Ou, engadiu mirándome as canas, pode que proxectes a túa frustración por perder (e el que sabía?) as fulminantes ereccións xuvenís. Por suposto, non me convenceu. Postos a buscar teorías sofisticadas, a emoción que sinto ao pulsar o botón do paraugas é máis parecida á que experimento cada vez que vexo un paxaro adormecido nun cable que, de súpeto, abre as ás e voa polo ceo infinito. Ao fin e ao cabo, o meu gusto é máis poético que pornográfico. Seguir lendo O punto G do paraugas
Os auditorios do inglés
Antón Riveiro Coello. Vaia por diante que gusto das linguas, pero non comparto a obsesión dalgúns políticos por aparentar que saben inglés. Non sabería dicir se se debe á ousadía, á falta de pudor ou a un complexo de inferioridade. Así, nos últimos tempos acudimos, abraiados, a momentos ridículos Seguir lendo Os auditorios do inglés
Emocións
Xosé Manuel Lobato. Esculcando e convivindo nas xeiras máis tristes da miña vida, inspiro intensa doenza emocional, que me leva a un estadio de profunda señardade. Inmerso nesta situación tan negativa, decido regresar a todos eses lugares coñecidos e familiares para lembrar e lagrimexar, sen preocuparme de gardar esas formas socialmente correctas.