O regreso, de Hisham Matar

Regreso, El_135X220Xerardo AgraFoxo. Trinta e dous anos despois de abandonar a terra dos seus pais, “cando as palabras non eran perigosas”,  Hisham Matar, o autor desta novela, regresa a Libia xunto coa súa nai e súa muller. Leva unha maleta cargada de boas intencións. A súa teima  é indagar sobre o paradoiro de seu pai, Jaballa Matar, un próspero e culto empresario desaparecido nas cadeas que erguera o abominable réxime de Gadafi. Tamén quere saber o destino dalgúns familiares “perdidos” nas areas do deserto libio. Baixo este pano de fondo, semella que esta arrepiante historia, máis que estar construída por un novelista con grandes recursos estilísticos, está tecida por un fillo que se enfronta cun pasado no que pode descubrir cousas nada agradables para a súa memoria. Seguir lendo O regreso, de Hisham Matar →

Galicia e os galegos na poesía castelá LVI. Ánxel Johán e Ignacio Quintana

sonetosRomán Arén. Ánxel Johán (Lugo, 1901-Madrid, 1965) foi un destacado ilustrador da vangarda galega, sobre todo no campo da xilografía, de raíz expresionista, que colaborou en <Ronsel>, <Yunque> e <Guión>, ademais de pintor. Establecido en Canarias, pola súa profesión, dende 1929, fiel á causa republicana, estivo no cárcere de 1937 a 1942, foi depurado e mesmo estivo condenado a morte. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LVI. Ánxel Johán e Ignacio Quintana →

O esperma dos ricos

borracho1X. Ricardo Losada. Cando un le e estuda a filósofos tan difíciles como Heidegger ou Hegel, pode acabar desprezando a sabedoría popular por simple, clara e pouco matizada. Non é o meu caso. Despois de ler libros tan abstrusos, mesmo para especialistas, como A Fenomenoloxía do Espírito, aprecio aínda máis a sabedoría popular. Como a daquel árabe que lle dixo a un occidental: Vostedes teñen o reloxo, nós temos o tempo, definindo en catro palabras a diferenza entre tempo obxectivo e tempo subxectivo que ao filósofo Bergson lle levou varios libros. Ou a daquel africano que lle dixo a un antropólogo: Cando os occidentais chegaron aquí, nós tiñamos a terra e os occidentais a Biblia Seguir lendo O esperma dos ricos →