Román Arén. Comparto con moitos cataláns o criterio de que a importancia da poesía castelá en Cataluña no século XX é cousa da posguerra. Creo que, se ben antes da guerra houbo interesantes poetas en castelán, as voces fundamentais en Cataluña foron Carles Riba, Josep Carner, J. V. Foix, Clementina Arderiu e Joan Salvat-Papasseit. Fronte a eles só se poden citar Eduardo Marquina (que tamén escribiu en catelán) e Ricardo León, un catalán de esguello. Tras a guerra predominou o castelán na vida pública, a prensa foi do réxime, os cataláns de Franco foron fundamentais na vida de Cataluña e aínda que seguiu habendo grandes poetas en catalán (Espriu, por exemplo) os que escribiron en castelán tiveron (e mereceron) moito predicamento Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LV. Alfonso Alegre Heitzmann
O valor das palabras
Antón Riveiro Coello. Leo, abraiado, que un empregado de Amazon, por mor dunha falta de ortografía, causou unha perda de 140 millóns de euros. Sei que os escritores gustamos de soñar coa posibilidade de cambiar o mundo cunha soa frase. Sometemos puntos e comas a unha comprobación exhaustiva, pelexamos coas palabras e entendemos ben a Wilde cando nos di que estivo corrixindo un poema toda unha mañá para tirar unha coma que volveu poñer pola tarde. Seguir lendo O valor das palabras
Regras e condicións
Francisco Ant. Vidal Blanco. Xulio nunca aceptou que ninguén, por nacer aquí ou aló, baixo a influencia de determinado astro, pedra, árbore ou día do ano, estivese máis ou menos propenso a desenvolver as habilidades de ciencias ou de letras. Para estes casos Xulio cre máis na influencia das persoas do entorno. Daquela eu, por ver que opina, cóntolle de certo lugar onde aínda se conservan uns petróglifos con figuras cruciformes, arredor dos que as lendas falan dunha tendeira que ofrecía as cousas máis marabillosas do mundo Seguir lendo Regras e condicións
Se eu fose vaca
X. Ricardo Losada. Se eu fose vaca, estaría encantada de que nas novas granxas me identifiquen con números e non con nomes como Blanca ou Pinta. Sei que vai parecer unha comparación esaxerada, pero, preso nun campo de concentración, tamén preferiría que os carcereiros me chamasen por un número, xa que me tratan como unha cousa, que polo nome co que me coñecen familiares e amigos. Seguir lendo Se eu fose vaca