As palabras prestadas e as buscadas

noche-oscura-del-alma-san-juan-de-la-cruzFidel Vidal. As verbas son a materia para dicir, e transfórmanse na substancia dos síntomas ao formaren a trama que constitúe o relato da vida e o tormento dos seres humanos. No caso dun místico como frei Juan, segundo María Zambrano (San Juan de la Cruz, da noite escura á máis clara mística), a voz humana quedou atrás e atrás a persoa mesma. Que pasou en todo iso? A existencia de san Juan é un non existir. O seu ser, resultado do desexo, ao final, é lograr non-ser. A case segura pertenza do santo a unha familia de conversos, e da perda do seu pai, explica trazos importantes da súa personalidade, non só polo que supón de condicionamento interno, senón polas presións ás que foi dobregado por unha sociedade sensibilizada ante tal feito. Seguir lendo As palabras prestadas e as buscadas →

Glasses

SOFALois Agrelo Arxóns. Parece que un tipo quedou a durmir nos sofás da facultade. Un tío pelado de gafas. Non se move moito. As estudantes mírano polo recuncho do ollo mentres mastigan a tortilla rodeada de pan. Moveuse. Xirou un pouco cara a un lado. Agora ten as gafas medio descolocadas e comezan a pingarlle unhas babuxas que baixan lentamente pola comisura, acercándose ameazantes ao coiro granate do sofá. Seguir lendo Glasses →

Andan de aquí para alá

barcoYael Sampedro. Andan de aquí para alá, coma follas movidas polo vento. Cando chove móllanse ata tal punto que é coma se lles calase a molladura aos ósos. Cando dá o sol, quéimanse tanto que se volven tan vermellos que chegan a semellar as lapas dunha fogueira. Sucan os mares sen importarlles se están en calma ou se teñen que loitar contra os mil demoños que nel habitan, e ofrécenlles a súa vida aos santos cando os azouta un temporal; e os da casa, pedíndolle á Virxe do Carme que os protexa. Seguir lendo Andan de aquí para alá →

Na procura da Atlántida ribeirense: a cidade asolagada de Valverde

atlantida
Contorno da marisma de Carregal no parque natural de Corrubedo

Víctor Barbeito Pose. A ninguén lle sorprenderá que no litoral costeiro das parroquias ribeirenses de Artes e Olveira existe unha marisma próxima ao mar, dentro do actual sistema dunar de Corrubedo, na que se conta que se atopa cuberta polas súas augas a mítica cidade de Valverde. Nisto non hai ningunha achega nova, xa que a lenda é amplamente coñecida, como tamén acontece con outras moitas lagoas en terreos galaicos, como a de Alcaián, en Coristanco, ou a de Antela, na Limia, que asolagou a cidade de Antioquía. Seguir lendo Na procura da Atlántida ribeirense: a cidade asolagada de Valverde →