Francisco Ant. Vidal Blanco. Ultima- mente estase poñendo de moda o de falar coa man diante da boca. Tanto a xente do goberno como os adestradores de fútbol colleron o costume de murmurar cos do lado tapando os beizos, e non precisamente pola halitose que poidan desprender, senón porque se volveron moi precavidos e moi desconfiados. Seguir lendo Coa man diante da boca
O Logos da Chirivichela
X. Ricardo Losada. Escribín hai pouco un artigo en Café Barbantia no que contaba que estando en Urxencias cun familiar, ao poñerlle a enfermeira a cuña a un paciente, recordei unha pregunta que facía Platón, se hai excrementos no mundo puro das ideas. Algúns amigos estráñanse de que, nesas e noutras parecidas circunstancias, a miña mente pense en cuestións filosóficas. Seguir lendo O Logos da Chirivichela
A Colleita do 67 arrancou cos discos dos Doors e dos Stones
Gonzalo Trasbach. Á hora de dar unha resposta á pregunta de cal foi o ano más rico e produtivo da década prodixiosa da música popular, existen versións para todos os públicos. A ecuación é insoluble, mais queremos reivindicar a excelente colleita do 67. Ese curso conta con, ao menos, oito ou nove discos que coroan os seus dourados cumes. Non os imos citar todos agora. Iremos debullándoos puntualmente, segundo as datas dos seus respectivos aniversarios. Seguir lendo A Colleita do 67 arrancou cos discos dos Doors e dos Stones
Un estudo definitivo da xeografía urbana
Román Arén. Dende que en 1989 publicou Noia: xeografía urbana e área de influencia, Pedro García Vidal foi editando libros, artigos e ensaios sobre o urbanismo da ría de Noia e Muros cunha mirada á vez científica e interdisciplinar, con obras como A Noia da memoria (1991), Investigando na vila. Didáctica do medio urbano (1993), cos artigos na revista Alameda e no anuario Barbantia, con folletos e ponencias en congresos, configurando o máis completo estudo de xeografía urbana dunha ría. O ramo dáo con este libro, baseado na súa tese de doutoramento, onde estuda a xeografía urbana das vilas de Muros e Noia dende as súas orixes medievais ata 1950. Seguir lendo Un estudo definitivo da xeografía urbana