Pilar Sampedro. Souben de John Berger e a súa obra Porca terra despois de ver Queda alguén aí?, o documental de Rafa Cid; aquela obra onde se enfrontaba o mundo dos vellos e o dos novos nun pobo condenado á desaparición, no que cando a xestión do monte veciñal produciu un superávit decidiran facer un tanatorio que mostraban aos visitantes a modo de visita guiada: “Mire, o noso tanatorio, de dous pisos”; e os rapaces apuntaban: “Ben podían deixarnos un deles para nós, que non temos onde meternos”. A morte como horizonte. Díxome Rafa: entenderás mellor o documental se les Porca terra; lino e fíxoseme a luz Seguir lendo John Berger e a vulnerabilidade
Os perigos reais da tradución
Fidel Vidal. George Steiner (Despois de Babel) adiántase cando afirma que todo movemento de saber leva implícito unha tradución. Somos conscientes do risco que pode traernos un determinado saber, ou mesmo unha decepción, como sucedeu coa celebración da Santa Misa no paso do latín (as “divinas palabras”) á fala dos comúns en canto as verbas, até ese momento atrapadas na ignorancia, perderan todo misterio. Como tamén sabemos do perigoso que resulta atreverse cunha tradución, sobre todo se esta acontece no século XVI, e máis se vai de textos bíblicos. Aí está frei Luís de León como mostra. Seguir lendo Os perigos reais da tradución
Na lembranza dos movementos libertarios
Xerardo AgraFoxo. Este libro publicouno Memoria Libertaria, o grupo de Memoria Histórica da CNT que naceu para reivindicar a lembranza dos milleiros de homes e mulleres que na Galiza participaron nas iniciativas rebeldes do movemento libertario. Para tal motivo contou coa Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfíns, unha asociación xurdida en Lousame que toma o nome dos mineiros que foron asasinados ou sufriron unha dura represión despois do triunfo do golpe de estado do 36 en Galicia. O libro comeza coa orixe e estrutura social das minas de San Finx, relata despois o nacemento do Sindicato Mineiro e de Profesións Varias de Lousame Seguir lendo Na lembranza dos movementos libertarios
Tzvetan Todorov, in memoriam
X. Ricardo Losada. Cando morreu o filósofo francobúlgaro Tzvetan Todorov, recordei a mirada de boa persoa que tiña e, de seguido, unha frase súa que sempre me gustou moito: “Comprender o inimigo quere dicir descubrir tamén en que nos parecemos a el”. Todorov era un humanista intelixente. Ao contrario dos humanistas inxenuos ou perversos, que cren que ser humanista consiste en diferenciarse do inimigo, el recoñecíase naqueles que criticaba. Por iso se consideraba a si mesmo “un home desprazado”. Os verdadeiros humanistas non encaixan nos moldes políticos ou filosóficos habituais. Seguir lendo Tzvetan Todorov, in memoriam