O motivo real dun suceso centenario

cans2Xerardo AgraFoxo. O asinante deste libro é o recoñecido mestre e historiador Manuel Mariño del Río, autor, entre outras, das seguintes obras: Naufraxios e accidentes no mar da Ría de Muros e Noia, Carpintería de Ribeira en Porto do Son, O peto de cartón, A industria derivada da pesca no Porto do Son ou Os petróglifos de Porto do Son.

Nesta última achega cultural presenta este libro, Os tráxicos sucesos en Cans (Nebra): 1916, relacionada coa revolta labrega sucedida o 12 de outubro de 1916 e que ocasionou a morte de cinco veciños da devandita parroquia. Seguir lendo O motivo real dun suceso centenario →

Amor, filosofía e outros vicios

dieste1Oliveira Casal. Este luns, un compañeiro de traballo díxome que mercara por dous euros no mercadillo de Noia un exemplar, en envexable estado, de El alma y el espejo, de Rafael Dieste. Edición do ano oitenta e un, na colección Alianza Tres, da editorial homónima. Obra póstuma. Igual ao que conservo na miña biblioteca física. Veneración bibliófila kraheana. Escritos filosóficos nos que o rianxeiro se enfronta ao misterio da existencia. Quitando Dos arquivos do trasno e se acaso Historias e invenciones de Félix Muriel, Dieste é un ilustre descoñecido. Non digamos alén do país, nin falemos deste delicioso xeito de des-cifrar e des-velar. Seguir lendo Amor, filosofía e outros vicios →

Le temps est bon

sangreLois Agrelo Arxóns. «Le temps est bon, / le ciel est bleu / j’ai deux amis qui sont aussi mes amoureux / nous n’avons rien à faire rien que d’être heureux». Nunha sala sen portas, tres persoas míranse fixamente unha á outra, formando un triángulo máis ou menos escaleno. Os ollos trasládanse e atópanse en intervalos semirregulares. Bang bang. Unha delas dispara. Algunha das outras dúas está agora ferida de bala mentres a restante recúa con horror antes de enfrontar á agresora. As paredes de ladrillo rosa calan. Apenas ten sitio para sacar un pequeno coitelo de obsidiana do peto. Seguir lendo Le temps est bon →

Lectura e gozo: o auténtico saber

lectura1Fidel Vidal. O feito de ler non supón ningunha obriga de comprensión. Primeiro é preciso ler. Ou escoitar. Non en poucas ocasións abonda con iso, con poñer atención (pensemos por exemplo nunha sinfonía). A escoita sería suficiente para “participar do gozo musical sen outra necesidade máis alá da aceptación do propio gozo melódico e, se acaso, de a escoitar outra vez”. Así acontece co gozo da palabra poética. Un gozo desde o lugar de onde a palabra fala, de onde a palabra escoita a fala. Seguir lendo Lectura e gozo: o auténtico saber →