Francisco Ant. Vidal Blanco. Xulio é republicano desde que tiña 7 anos. Botádelle a conta. Daquela aínda Franco pescaba salmóns de douscentos quilos. Aínda non chegara a monarquía que reina pero non goberna e xa el nadaba contra corrente. Seguir lendo Os Reis non existen
Galicia e os galegos na poesía castelá L. Agustín Moreto
Román Arén. É, Moreto, un dos dramaturgos importantes do século de ouro español, con bo dominio do verso, aínda que é pouco orixinal, pois é sobre todo un adaptador ou refundidor, que ten os seus modelos en Lope de Vega e Guillén de Castro. Madrileño de orixe italiana, naceu en 1618 e faleceu en Toledo en 1669. Pertencía ao clero, pero foi un dramaturgo profesional, coñecido por obras como El desdén con el desdén (1652), Los engaños de un engaño e El lindo Don Diego. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá L. Agustín Moreto
Mortal por unha milésima
X. Ricardo Losada. Cando lles digo aos alumnos que Platón, xa de mozo, ansiaba a inmortalidade, míranme como se lles estivese a falar de algo anticuado. Por iso se estrañan tanto cando, de seguido, lles dou a ler textos de científicos actuais, como o inventor Ray Kurzweil (gañador da medalla nacional de Tecnoloxía e Innovación de EEUU), nos que se afirma que o principal obxectivo da ciencia actual é derrotar a morte e garantir aos humanos unha mocidade eterna. Seguir lendo Mortal por unha milésima
Curiosidade
Carlos Mosteiro. Así é como debeu empezar a filosofía. Debeu ser primeiro un achegamento curioso, esa mirada perplexa, silandeira, temerosa, case tremente cara ao coñecemento ou ao descoñecemento; en todo caso, cara ao misterio. Os ollos agrandados, preparados ante o que poida pasar, o perigo que se atopa indefectiblemente diante da aventura intelectual, máis alá dos parapetos defensivos, das seguridades que xa non existen. Seguir lendo Curiosidade