É un café virtual que nace ao redor da conversa entre creador@s e amantes da cultura. Aquí daremos conta do que lemos, do que vemos, do que sentimos diante de calquera obra artística, tanto feita en Galiza coma en calquera parte do mundo. Literatura, cine, música, artes plásticas, viaxes, ciencia… ateigarán as mesas de Café Barbantia cun espírito sincero e crítico, sen outra pretensión que compartirmos experiencias culturais que dean pé ao debate e a un diálogo intelixente non só entre creador@s senón tamén entre tod@s aquel@s que se acheguen ao noso café.
Querida Begoña: haberá que ver esa participación. Iremos falando sobre o asunto. De momento, gustaríanos que animases o teu alumnado para escribiren relatiños de 2400 caracteres para o espazo que temos reservado En Obras no suplemento A Voz de Barbantia que publicamos o último venres en La Voz de Galicia. Moitas grazas.
Moitas grazas pola resposta. Seguiremos agardando por se hai posibilidade de que nos integredes por aí…
Mirarei o do suplemento, especialmente se é virtual.
Unha aperta.
O suplemento é virtual e tamén en papel, na edición do Barbanza.
Apertas,
Ola: son profe de lingua e literatura galega e este curso vou ler co meu alumnado de 3º ESO o libro de M.A.Murado Escrito en cafeterías. Gustaríame saber se habería algunha posibilidade de que o meu alumnado se “achegase” a vós, a esta páxina, con algún tipo de actividade como comentar os artigos do libro, comentar libros que vaian lendo… Non sei moi ben… isto é só unha suxestión que espero recibades con agrado.
Saúdos, unha aperta e grazas.
Este libro gustoume moito,xa llo recomendei a varios amigos.
Eses debuxos…encantanme!!! Que cela sent bon!!!..(comme dirait Proust).. 🙂
Os debuxos, Manuela, e mais o cabezallo do blog están feitos polo artista Fran Blanco Alcaide, o mesmo que fixo o sereo para Barbantia e tantas outras cousas.
moi bo café. prabens!!!
Moitas grazas