Ramiro Ouviña O. Dun tempo para aquí viña notando que era chegar onde estaba a familia e cambiar falas e xeitos era todo un. Aínda así, non faltaba a ocasión de recoller aquí e alá palabras soltas, escoitadas dende lonxe ou cando se supoñía que non as podía ouvir, para fiar de que ía a cousa: que se o atoparan pasmado diante do almorzo cando chegaran, xa tarde, da feira Continue reading Pai
Arquivos da categoría Ramiro Ouviña O.
Xiana
Ramiro Ouviña O. Renxen as persianas que Xiana recolle antes de abrir a fiestra pola que se coa unha lene brisa que axita agarimosa a súa media melena. Espreguízase demorada, estirando os brazos ao máximo, primeiro aos costados, despois por enriba da cabeza, nunha tensa e fermosa V de vitoria, e remata finalmente detrás da cabeza, coas mans xunguidas sobre a caluga. Nun desafío instintivo, animal, ao novo día adianta o torso e por un instante, por menos do que dura un lóstrego Continue reading Xiana
The Special One
Ramiro Ouviña O. O ingreso de Cristovo foi un máis dos sete contaxiados polo Covid-19 que rexistrou aquel día o Hospital da Barbanza, cando a pandemia ameazaba con encher todos e cada un dos espazos dos hospitais e con esgotar os esforzos, cada día máis escasos, do persoal sanitario. Continue reading The Special One