Rosa Paz Piñeiro. Xa paso dos 70, unha idade na que ás veces os recordos esixen unha obediencia da imaxinación coma cando unha melodía se che engancha na cachola e non te solta. Entón, non podes pensar noutra cousa e ficas atrapada no limo da memoria. Cando tiña 14 anos, ao chegar a primavera, comecei a sentir que unhas vibracións especiais corrían polo meu sangue, pero isto ocorría de xeito especial nas festas do verán. Nunca nos cansabamos de bailar, de troular, pese a que tampouco deixabamos de traballar, nin sequera nos domingos. Era o que nos quedaba ás rapazas do rural. Aos 17, empecei a comprender que nos homes case todo semellaba un pouco obvio. Seguir lendo Na memoria da miña irmá Uxía