J. Carou. A muller decide, poucas veces de xeito gratuíto, que o ciclo vital da relación de parella rematou. Logo da fase de namoramento e todas as súas variantes na que o home elixido se converte para ela en único obxecto de sedución, desexo e fascinación e da posterior etapa de sosego emocional e enxalzamento da seguridade como valor supremo para a crianza dos fillos, se foi o caso, o varón convértese nun accesorio perfectamente prescindíbel. Claro, non é tan sinxelo, doe. El case nunca estivo á altura no tempo transcorrido. Un infantilismo ancestral llo impide. Non se esforzou abondo, coidou que a cousa xa estaba feita e dedicouse, nin el sabe se conscientemente, a ocupacións deportivas, creativas, festeiras ou laborais desvencellándose das atencións Seguir lendo As dúas caras de xaneiro
Arquivo da categoría: J. Carou
La Vénus à la fourrure
J. Carou. O último filme do sempre fascinante Roman Polanski adapta con fidelidade e moito oficio a obra teatral homónima de David Ives. O prestixiado dramaturgo neoiorquino tomou como material base a controvertida novela publicada en 1870 que lle reservaría a Leopold von Sacher-Masoch un oco no Parnaso, A Venus das Peles. A cámara do realizador polaco entra nun antigo teatro parisiense, o Hebertot. Só dous actores, na película e na obra que van representar. Sensacionais tanto Emmanuelle Seigner, parella do director na “vida real”, como Mathieu Amalrie, de asombroso parecido físico co Polanski de hai corenta anos. Seguir lendo La Vénus à la fourrure
O gran hotel Budapest
J. Carou. Stefan Zweig suicidouse coa súa segunda muller, Lotte, o vinte e dous de febreiro de mil novecentos corenta e dous en Petrópolis, moi preto de Río de Janeiro. Inxeriron o veleno convencidos de que a súa “patria espiritual”, Europa, se devoraba a si mesma e de que o nazismo acabaría apoderándose de todo o planeta. Por propia vontade e coa mente clara, segundo escribe na súa declaraçao de despedida deste mundo, o prolífico escritor austríaco de ascendencia xudía recoñece a súa imposibilidade e a da súa dona para reconstruíren a vida pasados os sesenta anos de idade. A súa lingua e a cultura da que foi excelso biógrafo intelectual estaban a asinar o xenocidio da humanidade. Seguir lendo O gran hotel Budapest
Her, de Spike Jonze
J. Carou. Cando o destino nos alcance, que non sexa por casualidade. O último filme de Spike Jonze revela información relevante para cifrar ata que punto poden asfixiar as soidades futuras. Individuos aillados, incomunicados entre a multitude, en cosmópoles non moi afastadas arquitectonicamente das actuais New York, Shangai ou Yakarta. Seres humanos complexos no seu desenvolvemento funcional en canto cidadáns-autómatas que soportan secretamente frustracións e devastadoras secuencialidades de fracasos emocionais. Nada novo, nada alleo á perda do paraíso terreal contemporáneo. Só imos uns instante por detrás da realidade que amosa Her. Humanos vulnerabeis, dinastas racionais, tecnócratas incapaces de valerse afectivamente. Seguir lendo Her, de Spike Jonze