Manuel Mariño del Río. No século XIX construíronse moitas embarcacións tradicionais por carpinteiros de ribeira, tanto en Porto do Son como en Portosín. Daquela, a dársena sonense e a praia de Portosín fóronse enchendo de lanchas (as máis grandes volanteiras), dornas, bucetas e tamén barcos de maior porte, como galeóns e balandros. Seguir lendo Cen anos de construción naval no Son
Arquivo da categoría: Manuel Mariño del Río
A curta vida do bergantín-goleta “Puerto del Son”
Manuel Mariño del Río. Ao redor do ano 1920 varios industriais e armadores sonenses formaron sociedades para a construción de embarcacións a motor ou máquinas de vapor, coñecidas como “motoras”, dedicadas á pesca da sardiña. Así mesmo, os carpinteiros de ribeira seguían construíndo dornas, lanchas bucetas, etc. que durante anos deron vida á dársena sonense. Seguir lendo A curta vida do bergantín-goleta “Puerto del Son”
A situación escolar en Porto do Son na metade do século XIX
Manuel Mariño del Río. Desde finais do século XIII e, sobre todo, a partir da metade do século XIX (Lei Moyano de !857) foise experimentando un avance na expansión do sistema educativo. Antes de 1852 había en Porto do Son unha única escola completa. Aquel ano a Comisión Superior de Instrución Primaria da provincia, seguindo o criterio para a creación de centros, e a revisión do padrón de habitantes de cada concello Seguir lendo A situación escolar en Porto do Son na metade do século XIX
Construción de dornas en Porto do Son
Manuel Mariño del Río. As dornas de calime son unhas embarcacións antigas que se constrúen con cinco táboas anchas en cada costado de xeito que o bordo da superior ía montada sobre a inferior. A táboa que vai por riba da liña de flotación recibe o nome de táboa de cubrir. Seguir lendo Construción de dornas en Porto do Son