Mariña Pérez Rei. Digamos que un abandono non é o mesmo ca unha derruba. Nunha construción abando-nada inzan as plantas que mastigan a indiferenza; moi amodo, van aper-tando os muros ata afogalos por inanición, por pura asfixia mecánica. Na derruba, pola contra, os materiais caen ao baleiro nunha sorte de rede de arame: cristais, cerámica, tellas, trabes de madeira nobre, moluscos… Seguir lendo Salgaduras e abandonos
Arquivo da categoría: Mariña Pérez Rei
De Brocéliande a Froxán
Mariña Pérez Rei. É ben coñecida a relación da arte coa natureza, reflectida en múltiples intervencións artísticas en espazos boscosos. Desde o máxico Brocéliande de Artur á selva de Esmelle de Cunqueiro, pasando por Aokigahara, o bosque xaponés dos suicidios, o Courel de Novoneyra, o bosque de Fangorn, o bosque medieval de Beowulf, ou a Montagne Sainte-Victoire pintada con obsesión por Cézanne. Na nosa literatura temos un exemplo marabilloso na lírica medieval que elevou a categoría de símbolo erótico-sensual o noso monte, o cervo, a fonte, o souto, o canto dos paxaros. Seguir lendo De Brocéliande a Froxán
Ser cambio. Ser climática
Mariña Pérez Rei. Un esquío xa non pode atravesar a península choutando dunha póla noutra. Se vai por Portugal será devorado polo lume. Pola meseta afociñará nun encoro baldío, nesa estiaxe que denuncia a terra cando cuartea. O desexo é caudal dun pedregal enxoito: cando a ollada vai deshidratada, é sabido que o cerebro induce a sede. Seguir lendo Ser cambio. Ser climática
Fea, católica e sentimental
Mariña Pérez Rei. Ben podería dicirse que a costa galega lle debe á Creación a factura eterna da súa beleza. Que ten que pagar peaxe de por vida. Coma Dorian Grey ante o seu retrato. Ás veces esa débeda maniféstase en forma de menosprezo. Desde Estrabón a Aymeric Picaud. Os galegos somos xente de mal xenio, tribo brava, ásperos e impenetrables coma a nosa paisaxe, dignos dunha eterna evanxe-lización. Tan infinita coma rancia. Seguir lendo Fea, católica e sentimental