Xabier L. Marqués. Non parabas de falar (ás veces resultas excesivo) de que os quiasmos teñen moito que ver cos cruceiros de verbas, e de que os cruceiros recrean ánimos paralelos. O río Artes, ao solpor, ten un aquel de ingreso nun universo quizais máxico, paralelo (ti cres que polo feito de que o sol se vai poñer por un horizonte irregular e ficticio ao non estar afeito ao mundo vexetal…).
Arquivo da categoría: Xabier L. Marqués
Meditacións
Xabier L. Marqués. Unha camelia. Algunhas flores caídas. No chan. Húmido. Case que todas enteiras nese chan húmido. É certo, M. A. Murado, que os pétalos caen todos á vez, pero neste terreo noso non resoan coma no Xapón, bo-to, senón cun son máis lene, imperceptíbel, mesmo un son de derrota silandeira (“doces camelios derrotados para sempre”, que dixo Ferrín). Seguir lendo Meditacións
Idiotas
Xabier L. Marqués. Nin sodes Basquiat, nin Banksy, nin Dubuffet, nin os grafiteiros de Pompeia, nin sequera herdeiros de Pepito Meijón quen, alá polos anos 60, dedicábase a garabatar todas as rochas entre Portocelo e Mogor, imitando a singulariedade dos petróglifos prehistóricos. Seguir lendo Idiotas
Canta meiguice!
Xabier L. Marqués. (A Xesús Manuel Valcárcel) A auga que se estanca, como encharcada (non asolagada), e se imaxina océano, ou se finxe escuro mar interior. Auga e pedra, pedra e auga. Pedra engastada, non puída, pedra vella, reberetada de carrizo, pedra amarela, pedra cóncava e grisalla, pedra que amosa fachendosa as súas imperfeccións, pedra de engurras (pero sen dobras, nin pregues…, por seren cousas diferentes porque dependen das marés), pedra bicuda que se asoma ao xeito dos cabezos, pedra que non é aloumiño pero si lene gaduño, pedra burato, pedra gruta, pedra entrañábel, pedra pelve, pedra espazo…, pedra rexa e irta, pedra mol…, pedra poeira, pedra tornasol, pedra carrusel…, pedra remuíño (só de se estar a bañar unha píntega ou un cágado inquedo… Seguir lendo Canta meiguice!