Natividad Rey. Despois da guerra viñeron tempos de arrepío. Días onde «aqueles» que tiñan «carta branca» ou, mellor dito, liberdade para fusilar a quen lle tivesen rabia, puxérona en práctica. Era noite cando a Federico, o chofer da empresa O Rosal, lle deron un último encargo: debía levar un cargamento de vítimas ata o lugar da Paradegua, esperar a que o linchamento acontecese e, logo, axudar a cargar os mortos na parte superior do vehículo para despois lanzalos ás cunetas. Era á noitiña cando Federico se dirixiu a onde o citaron. Os reclusos subiron aos tropezóns no autobús, baixo as ordes d’«aqueles», e así iniciaron a viaxe ao inferno. Seguir lendo
Arquivo da categoría: Natividad Rey
O roubo do mosteiro de Armenteira
Natividad Rey. O mosteiro de Armenteira sempre estivo envolto entre historia e lenda, como é a do famoso roubo no ano de 1834. Unha tarde do mes de abril do dito ano, oito ladróns chegaron ata o mosteiro cun par de burras que roubaron polo camiño. Vixiaron a saída dos monxes ata que souberon que só quedaba un dentro. Seguir lendo
O amuleto protector de Santa Bríxida
Natividad Rey. Coa chegada do cristianismo foron moitos os deuses pagáns cuxos atributos pasaron a ser cristianizados para difundir culto. Así ocorreu coa deusa celta Brigid que pasou a ser Santa Bríxida mantendo a personalidade antiga. A súa celebración coincide co Imbolc que é unha das catro festividades principais do calendario celta e que a Igrexa adoptou baixo o nome da Candeloria que tamén é o día da Purificación da Virxe, celebrado en toda Galicia o día 2 de febreiro. O Imbolc foi cristianizado coa figura de Santa Bríxida de Irlanda que se celebra o 1 de febreiro, e foi sincretizada (segundo varias investigacións) con atributos de diferentes deusas Seguir lendo
O bautismo prenatal
Natividad Rey. Aurora era unha muller que desexaba ser nai e, tras sufrir tres abortos espontáneos, decidiu realizar o rito do bautismo prenatal estando embarazada por cuarta vez. Entón un día, un pouco antes da medianoite, acercouse á ponte das Partidas acompañada por dous familiares e tres amigos. Levaron comida en abundancia e todo o necesario para celebraren un bautizo cristián. Cando chegaron os seus acompañantes facían de gardas da ponte e permaneceron nas entradas impedindo que ninguén a cruzase e, ela camiñou soa cunha corda longa e un caldeiro, en silencio, e detívose na metade dela para agardar alí a chegada do padriño Seguir lendo