Laura Gutiérrez. A paisaxe muda paseniño co paso das estacións. Nestes días, a exuberancia do verán queda atrás, dando paso a unha vexetación cada vez máis ocre e espida. Mais a cor pódese dicir que non existe como tal. Trátase dunha sensación que fabrica o noso cerebro ao recibir sinais eléctricas procedentes duns receptores que se atopan no fondo dos nosos ollos, na retina. Seguir lendo Paisaxe de outono
Arquivo da categoría: Laura Gutiérrez
Ofibiofobia
Laura Gutiérrez. «Se o alacrán vise e a víbora ouvise, non houbera xente que vivise». Este é un dos numerosos refráns sobre víboras e outras serpes que poñen de manifesto o pánico (ou, polo menos, o gran respecto) que producen na poboación en xeral. Xa na Biblia a serpe representa o demo, responsable de introducir o pecado no mundo. Seguir lendo Ofibiofobia
Olores, arrecendos e fedores
Laura Gutiérrez. Mentres les este artigo, o teu cerebro procesa e interpreta informa-ción de todo o que acontece ao teu redor, consciente e inconscientemente. As ondas sonoras fan tremer os tímpanos transfor-mándose en sons audibles; a luz do sol rebota contra o papel e chega ás retinas formando imaxes; as rugosidades do papel excitan os receptores sensorias das xemas dos dedos, transformándose na sensación táctil que experimentas ao soster o xornal. De xeito que os sentidos sitúante no mundo cunha interacción constante e vital. Seguir lendo Olores, arrecendos e fedores