Pedro García Vidal. Regresa Agustín Agra con este Silencio, libro de relatos publicado pola Editorial Galaxia, aos andeis das librerías, logo dunha paréntese de cinco anos. Pagou a pena a espera. Nun tempo onde predomina o balbordo, no que con frecuencia se confunde opinión con competencia, aparece este Silencio concibido como “un cadro puntillista”, en palabras do autor, no que oito, relatos engarzados como unha novela nos levan dende a competencia a interrogarnos sobre a nosa propia existencia. Poderiamos dicir que aínda que os protagonistas son xente da ciencia, non estamos ante un libro de ciencia nin de divulgación científica, senón ante un libro que trata da natureza humana. Continue reading Silencio, de Agustín Agra
Arquivos da categoría Pedro García Vidal
Cen anos do teatro Coliseo Noela
Pedro García Vidal. A onda renovadora que percorre o século XIX e primeiras décadas do XX ten tamén expresión nos espazos de ocio, pois así como xorde unha nova arquitectura doméstica ou se multiplican os espazos verdes, a nova sociedade burguesa precisa igualmente de novos lugares para o esparexemento e a vida social. Continue reading Cen anos do teatro Coliseo Noela
130 anos dun edificio simbólico
Pedro García Vidal. Mediado o século XIX, Noia, ao igual que outras moitas cidades e vilas, enxergaba un novo tempo nunha profunda metamorfose. O cambio significaba o nacemento dunha nova vila fóra do abafante cinto murado que ata ese momento concentrara toda a actividade política e socioeconómica. Continue reading 130 anos dun edificio simbólico
Cartografía sentimental do abandono
Pedro García Vidal. Nas últimas décadas asistimos a un deterioro progresivo e por veces alarmante da paisaxe das rías, nas que un crecemento urbanístico descontrolado foi causa fundamental. Esa urbanización sen sentido provocou, en moitos casos, a perda de identidade territorial. Continue reading Cartografía sentimental do abandono