Ignacio Castro Rey. Impresionoume o coidado, a piedade cara ao pequeno durante eses días, en todo Kärnten (Carintia) e nas dez personaxes desta viaxe. Nos teus pais: os cogomelos, as flores, as marmeladas, o xardín, o coidado das comidas. Continue reading Bagas de agosto, farrapos de memoria desde unha viaxe no sur de Austria
Arquivos da categoría Ignacio Castro Rey
A soidade do violador de fondo
Ignacio Castro Rey. “A vida rugosa, áspera e case sempre mesquiña, e de tempo en tempo un raio de luz”. Coñecín a Ariana Harwicz (Bos Aires, 1977) por unha entrevista recente contra a corrección política e a arte infame que xera. Con esa breve bagaxe entrei no último que atopei dela, Degenerado (Anagrama, 2019). Cunha actitude inicial un tanto escéptica, dada a desconfianza que a algúns nos produce o éxito, decontado nos atopamos cunha linguaxe moi rica e concisa para narrar, precisamente, a extrema miseria do noso mundo. Continue reading A soidade do violador de fondo
Só unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac Díaz Pardo
Ignacio Castro Rey. Unha tarde de hai facilmente corenta anos. Probablemente máis. Un compartimento daqueles trens de antes, divididos, angostos, con portas que o separan do corredor. Distintos pasaxeiros que non nos coñecemos compartimos en silencio o pequeno traxecto, non tan pequeno, entre A Coruña e Santiago. Aburrimento, choiva, paradas, traqueteo, paisaxes rachadas. Miradas cruzadas e algunhas palabras corteses, as xustas, de cumprido. Cada un de nós vai sumido nos seus pensamentos propios, coa típica atención flotante propia dunha viaxe. Continue reading Só unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac Díaz Pardo
Un pouco de ira
Ignacio Castro Rey. (Todo xoguete ten dereito a romper. Antonio Porchia). Ao fin un “socialismo” non autoritario, aínda que con rostro vírico. Gran Irmán sen altofalantes, o temor de rabaño obedece en silencio. As liñas no chan dos corredores e as estacións do metro sinalan unhas indicacións de distancia que funcionan suavemente. Continue reading Un pouco de ira