Café Barbantia. O persoal deste café, que vai facer un pequeno descanso durante os meses de xullo e agosto, deséxavos un bo verán. Volveremos abrir o café no mes de setembro. Apertas
Arquivos da categoría Xeral
Andrés Martínez García, unha vida no teatro
Pastor Rodríguez. Rianxo é vila de teatro e, entre os que entregaron a súa vida á arte de Talía, non debe esquecerse a figura de Andrés Martínez García, “Pancho”, nacido nesa vila en 1957, e que faleceu en 2010. Actor, director teatral, dramaturgo, vencellado ao grupo Xeito, dirixiu pezas como Sinfarainín contra don Perfeuto de Bernardino Graña en 1980, ou A fiestra valdeira de Rafael Dieste en 1982, e outras moitas. Como actor representou autores como Eduardo Blanco Amor, Manuel Varela Buxán, Rafael Dieste ou Bernardiño Graña. En 1978 levou á escena unha obra da súa autoría: As Américas dun labrego. Xa no ano 2008 publicou en Edicións d’O Castro (Sada) o libro Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro. Continue reading Andrés Martínez García, unha vida no teatro
Volvemos en setembro
Galicia e os galegos na poesía castelá CV. Unha poeta venezolana: Enriqueta Terán
Román Arén. Que pouco sabemos da literatura venezolana os lectores comúns. Se nos sacan dun vago recordo de Rufino Blanco Fombona e de Las lanzas coloradas de A. Uslar-Pietri, pouco máis sabemos; o que vén amosar que escribir nunha lingua de centos de millóns de usuarios non garante maior difusión. Continue reading Galicia e os galegos na poesía castelá CV. Unha poeta venezolana: Enriqueta Terán